InicioMedioambiente e PatrimonioComeza en Lugo, con prazas esgotadas, o congreso internacional da ourivaría antiga

Comeza en Lugo, con prazas esgotadas, o congreso internacional da ourivaría antiga

Por vez primeira celébrase en Galicia un evento arredor da ourivaría antiga, con reputados expertos internacionais e prazas esgotadas

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo alberga dende este mércores o Congreso Internacional de Arqueoloxía do Ouro, o primeiro evento desta categoría arredor da ourivaría antiga que se celebra en Galicia. Á conferencia inaugural das 19.00 horas seguirán outros dous días de simposio, cun éxito total de asistencia, pois as 140 prazas foron cubertas.

O Congreso, patrocinado pola autoridade provincial, está enmarcado no Ano Europeo do Patrimonio Cultural, baixo o lema O noso patrimonio, onde o pasado atópase co futuro. Dende a Deputación agardan que a cita contribúa a espallar e pór en valor os recursos arqueolóxicos e patrimoniais da provincia, elementos entre os que a ourivaría antiga é fonte de información e documentación, como manifesta a importante colección do Museo Provincial de Lugo.

Entre outros aspectos, os convidados de sona internacional tratarán en dezasete relatorios a paisaxe aurífera, a circulación do ouro, a tecnoloxía empregada na ourivaría antiga, e o papel deste metal na sociedade pasada e actual. A conferencia inaugural corresponde ao ourensán Marcos Martinón-Torres, con O ouro de El Dorado: verdades e mentiras sobre unha historia lendaria. Este investigador, autor de 120 publicacións e con experiencia en varios continentes –entre outros estudos, o Exército de Terracota de China e o ouro precolombino en Sudamérica–, asumiu recentemente a Cátedra Pitt-Rivers de Ciencia Arqueolóxica na Universidade de Cambridge.

Catro sesións temáticas

1. Terra Auris: paisaxe aurífera e circulación do ouro. Estudos de minería e xeoquímica para o estudo das procedencias e a circulación do ouro. Xeografía dos achados de ourivería, dispersión dos metais e das pezas. Recursos e explotacións mineiras. Presenta e modera Marcos Martinón-Torres.

2. Tecnoloxía da ourivería antiga. Estudo da ourivería antiga e dos diferentes ámbitos tecnolóxico nos que se insire. Metodoloxías analíticas, resultados e novidades na investigación científica. Coordina Xosé Lois Armada.

3. O ouro e os sentidos. A ourivaría como símbolo, relacións de identidade, xénero, poder/prestixio. Simbolismos e significados. Presentación e moderación corresponden a Aurelia Balseiro.

4. A ourivería antiga na sociedade actual. Estudos e investigación no campo das relacións interdisciplinarias dende a etnoarqueoloxía, antropoloxía, museoloxía, percepción do ouro nas sociedades antigas e modernas e construción de identidades narrativas arredor da ourivaría. A cargo estará Beatriz Comendador.

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo triplica o orzamento das axudas do programa ‘O que non arde’

A área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo acaba de abrir un novo prazo para...

Achado morto ao octoxenario desaparecido en Láncara

Un octoxenario foi achado este sábado sen vida tras levar varias horas desaparecido no...

Detido un home que se desprazaba en patinete para vender droga en Lugo

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron a un home como presunto autor dun delito de...

Colisión frontal en Lugo deixa tres persoas hospitalizadas

Tres persoas resultaron feridas e unha delas tivo que ser excarcerada tras unha colisión...