InicioMedioambiente e PatrimonioO tesouro áureo de Lugo, por fin reunido e exposto no Museo...

O tesouro áureo de Lugo, por fin reunido e exposto no Museo Provincial

A sala de ourivaría antiga alberga 56 pezas, algunhas delas conservadas dende o III milenio a.C., nun espazo reacondicionado no que salienta o torques de Burela

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Museo Provincial de Lugo expón xa o seu tesoro máis prezado. A nova sala de ourivaría antiga acolle 56 pezas, a maioría de ouro, situadas cronoloxicamente entre o terceiro milenio antes da nosa era e o século VI d.C.. Logo da adquisición de varios lotes da colección Álvaro Gil, a renovación do espazo permitiu non só a redistribución estes bens segundo tipoloxía, cronoloxía e orixe, tamén a mellora da accesibilidade e a información.

Esta sala oitava do centro foi reformada para ofrecer un espazo dinámico, que favorece a percepción didáctica e contextualizadora da colección, parte da sección de Arqueoloxía. Nun dos fondos salientouse unha peza concreta pola súa singularidade, o torques de Burela, o máis grande atopado na Península Ibérica. O entorno conta con novas medidas de seguridade.

Amais da protección, os 22.000 euros investidos na renovación permitiron instalar nova cartelería e panelería, puntos en braile, accesibilidade para persoas con diversidade funcional e paneis de vídeo interactivos. Son en total 56 pezas de ourivaría: torques, colares, brazaletes, pulseiras, tortas áureas, aneis, aramios, e a característica figura dun carneiro alado.

A directora do Museo Provincial de Lugo, Aurelia Balseiro | Óscar Bernárdez
A directora do Museo Provincial de Lugo, Aurelia Balseiro | Óscar Bernárdez

A colección irmanda os fondos propios do Museo Provincial co tesouro áureo adquirido da colección Álvaro Gil, declarada Ben de Interese Cultural en 2015, e que por tanto ostenta a máxima protección patrimonial segundo a lexislación galega. Corenta novas pezas foron engadidas previa compra de cinco lotes anuais, acordada cos heredeiros, por un importe de 2,3 millóns de euros.

Darío Campos, Lara Méndez e outros cargos institucionais no Museo Provincial de Lugo / Deputación de Lugo

O presidente da Deputación, Darío Campos, adiantou que no que vai de ano visitaron as exposicións e os fondos do Museo Provincial máis de 25.000 persoas. “A cultura está máis viva ca nunca –proclamou– e nós, como demostramos aquí, apostamos por ela”. A rexedora de Lugo, Lara Méndez, celebrou a conservación destes elementos así como o labor da directora do centro, Aurelia Balseiro.

A alcaldesa, Lara Méndez, e a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez López | Óscar Bernárdez
A alcaldesa, Lara Méndez, e a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez López | Óscar Bernárdez

A alcaldesa aproveitou para celebrar a importancia das mulleres na representación institucional do acto, canda a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez López, a vicerreitora do Campus Terra, Montserrat Valcárcel, e a deputada de Cultura, Pilar García Porto, amais da propia directora do Museo Provincial.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...