InicioCulturaA Feira do Mel de Muras espera a máis de 3.000 persoas...

A Feira do Mel de Muras espera a máis de 3.000 persoas o 17 e 18 de novembro

Quince expositores ofrecerán o doce da montaña muresa, caracterizado polo gusto do breixo, canda a produtos de tempada e exhibicións de oficios

PUBLICADA O

- Advertisement -

RAMÓN G. REY | O Concello de Muras e maila Deputación de Lugo esperan que “unhas 3.000 persoas” se acheguen á Feira do Mel de Montaña, que se celebrará os días 17 e 18 de novembro na praza de Viveiró, á beira do popular restaurante Casa Cándida.

Quince expositores participarán na cuarta edición da mostra, que ofrecerá tamén produtos de tempada e exhibicións de oficios tradicionais.

O concello murés acolle case 30 explotacións apícolas, para un total aproximado de 1.000 colmeas.

Dependendo do clima, os apicultores do municipio chairego producen anualmente entre 700 e 2.000 litros de mel, polo que esta actividade supón un complemento económico importante para as familias.

O doce que os asistentes á Feira do Mel de Muras poderán degustar é mel escuro, catalogado como monofloral de breixo, e que se caracteriza polo gusto que lle dá este arbusto.

Desestacionalizar o turismo

A Feira do Mel aspira a desestacionalizar o turismo e impulsar non só o produto da montaña de Muras, senón tamén o patrimonio paisaxístico e histórico do municipio.

A Deputación de Lugo colabora con 3.000 euros neste evento, que se converteu nun referente a nivel comarcal.

O voceiro do goberno provincial, Álvaro Santos Ramos, o deputado de turismo, Eduardo Vidal, o alcalde murés, Manuel Requeijo, e mailo tenente de alcalde, Mario Rouco, asistiron á presentación da feira.

ÚLTIMAS

Lugo inicia os trámites para abrir o novo comedor escolar de Fingoi II tras o anuncio da Xunta

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira de Educación, Iria...

Lugo promocionará en FITUR a súa rede museística coa campaña ‘Lugo é o match’

O Concello de Lugo participará de novo na Feira Internacional de Turismo (FITUR), que...

Detido un home por un delito de lesións tras unha pelexa na mañá de Aninovo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a unha persoa como presunta...

O Concello de Lugo recepciona o aparcadoiro da Avenida de Breogán enmendarse as deficiencias

O Concello de Lugo anunciou que finalmente recepcionará o aparcadoiro da Avenida de Breogán,...