InicioEconomíaAbre o prazo para que a veciñanza de Lugo vote os Orzamentos...

Abre o prazo para que a veciñanza de Lugo vote os Orzamentos Participativos

A través dunha canle temática e outra presencial poderá decidirse o destino de 350.000 euros entre 110 propostas, a metade das presentadas

PUBLICADA O

- Advertisement -

O goberno local de Lugo abre este luns o prazo para a votación das propostas dos Orzamentos Participativos. Poderán facelo as persoas censadas en Lugo, maiores de 14 anos, ata o vindeiro 14 de novembro. 

Existen dúas canles para participar. A primeira é telemática, e precisa verificar a conta persoal na aplicación de www.loop.lugo.gal antes de que remate o día 8, para que cada persoa poida emitir un único voto. 

A segunda segunda é presencial, no Edificio de Novas Tecnoloxías da Praza Anxo Fernández Gómez. Quen opte por este procedemento deberá presentar o seu DNI, en horario de 10.00 a 13.00 e 17.00 a 19.00 horas, de luns a venres.

Deste xeito realizarase a terceira fase dos Orzamentos Participativos, logo da recollida de propostas e a avaliación por parte dos técnicos municipais. A cidadanía poderá escoller entre arredor de 110 iniciativas, a metade das propostas remitidas inicialmente. As áreas máis mencionadas son as de enxeñería, parques e xardíns, emprendemento, deportes, medio ambiente, policía local e mercados, ademais dun plan de divulgación sobre a vespa velutina.

Dotación económica

Esta ferramenta de participación democrática, impulsada polo departamento de Cidadanía que dirixe Rosana Rielo, está dotada con 350.000 euros. É unha cantidade importante, aunque relativamente pequena en comparación co esforzo, por exemplo, da Coruña. A cidade herculina adica aos seus orzamentos participativos dez veces máis investimento, cunha poboación que é dúas veces e media superior.

Por suposto, todas as propostas considerablas viables teñen asociado un custo, polo que se poderá votar todas as propostas ata o límite do orzamento previsto. A medida que se vaian seleccionando propostas o custe vaise descontando do orzamento total. Ao final da fase de votación, realizarase un reconto de maneira automática e transparente dos votos de cada proposta, e as máis votadas son as que o executivo levará a cabo.

Estas son as 28 propostas de Lugo Monumental para os Orzamentos Participativos

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...