InicioEconomíaChaman a participar na protesta do sector de supermercados do domingo en...

Chaman a participar na protesta do sector de supermercados do domingo en Lugo, previa á folga do día 23

PUBLICADA O

- Advertisement -

A centrais CIG e CC.OO. fixeron un chamamento a participar na manifestación deste domingo, 18 de xuño, do sector de supermercados en Lugo, como previa á primeira folga na provincia do comercio de alimentación, que será o 23 de xuño, para demandar un convenio “digno”.

A marcha partirá ás 12,00 horas do Froiz da rúa Montero Ríos, pasará polo Gadis da rúa Quiroga Ballesteros e terminará ante a sede da Confederación de Empresarios de Lugo, na Praza de Santo Domingo.

“Agora máis que nunca temos que demostrarlle á patronal e aos seus cómplices que estamos en contra de que se ninguneen as nosas propostas e aspiracións laborais e sociais, e tómense decisións en contra do sentir maioritario do sector”, destacan.

CIG e CC.OO. critican o “escurantismo” co que desenvolve as negociacións UGT, que manifestou que chegou a un preacordo coa patronal, “aínda que nin sequera convocaron a mesa de negociación para presentalo, poder avalialo e trasladar as propostas”.

Entre outras reivindicacións destes sindicatos atópanse: mellora salarial con aproximación ás condicións da provincia da Coruña e unha revisión anual conforme ao IPC, pago do 100% do salario en casos de incapacidade temporal, redución de xornada anual e sábados libres, entre outros.

+ posts

ÚLTIMAS

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

Detido un mozo en Lugo por unha suposta agresión sexual

Un home de 18 anos atópase detido en dependencias policiais acusado dunha suposta agresión...

Aberta a circulación de trens na variante da Pobra de San Xiao

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable, a través de Adif, puxo en explotación...