InicioPolíticaLara Méndez e Rubén Arroxo reeditan o bipartito en Lugo

Lara Méndez e Rubén Arroxo reeditan o bipartito en Lugo

Socialistas e nacionalistas manterán as competencias que cada formación ten atribuídas con relación ao anterior mandato.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A socialista Lara Méndez continuará sostendo o bastón de mando da Alcaldía de Lugo xunto ao primeiro tenente de alcaldesa, Rubén Arroxo, do BNG. Ambos asinaron este xoves o acordo de goberno, que ten un carácter “continuista”.

A configuración do goberno municipal, segundo detallou a rexedora en rolda de prensa, pasa por avanzar nos obxectivos marcados neste mandato, xa que ambos os partidos levarán as mesmas áreas que ata o momento.

Así, avanzaron que manterán unha “liña continuista”, incluídas as competencias que cada formación teñen atribuídas con relación ao anterior mandato, no que o PSdeG asumiu Economía, Persoal, Urbanismo, Desenvolvemento Local, Medio Ambiente e Medio Rural, Mocidade e Deportes, Muller e Igualdade. No que se refire ao BNG, encargouse de Mobilidade e Infraestruturas, Cultura e Turismo, Participación Cidadá e Educación.

ALGÚNS DOS PROXECTOS

Méndez, avanzou que o Goberno municipal continuará co impulso do modelo de cidade desenvolvido nos últimos exercicios. Continuarán cun urbanismo máis sustentable, a renaturalización dos barrios, a creación de espazos públicos máis cómodos ou o potenciar un modelo produtivo económico para reter e atraer talento, entre outras accións.

Entre os proxectos que teñen pensado realizar Méndez e Arroxo, situaron a creación de aparcadoiros disuasorios, un deles en Fontiñas, ou a elaboración dun plan integral de mellora de seguridade viaria.

Desta forma, Arroxo explicou que apostarán por “elementos que acouguen o tráfico”, que permitan aos peóns poder camiñar pola cidade, así como outros elementos de mobilidade alternativa –bicicletas ou patíns eléctricos– para poder formar parte do tráfico da cidade de forma segura.

A continuación, avanzou que continuarán cun proceso de política cultural como os deste catro anos onde se puido ver “unha cidade viva” e, sobre todo, nos meses nos que hai bo tempo e hai música nas prazas, teatro ou expresións artísticas, entre outras.

Por outra banda, o nacionalista puntualizou que seguirán “pondo en valor o patrimonio” que hai en Lugo, á vez que fixo referencia aos tres Patrimonio da Humanidade que ten a cidade.

Con isto, detallou que na Muralla “seguirán traballando” para poder continuar coa súa peonalización, pero que haberá pasos previos necesario como a finalización da Segunda Rolda, entre Agro do Rolo e a Rolda do Carme, que permitirá empezar a humanizar a zona norte da Muralla.

PETICIÓNS Á XUNTA E AO ESTADO

Os dous integrantes do goberno local esixiron á Xunta o financiamento do proxecto de rehabilitación do Cuartel de San Fernando como Museo da Romanización de Galicia, a creación de vivenda pública na cidade ou o trazado da Rolda Este de forma que “non dane o ecosistema natural do Rato”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...