InicioSucesosA Policía levanta tres actas por consumo de alcol e drogas a...

A Policía levanta tres actas por consumo de alcol e drogas a menores en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da xefatura provincial da Policía Autonómica en Lugo levaron a cabo o pasado 14 de maio un dispositivo de prevención de consumo de alcol por menores de idade no barrio da Piringalla da capital lucense, cun resultado de sete actas de infracción por incumprimento das leis 2/1996 e 11/2010, en actividades de prevención de consumo de sustancias prohibidas a menores de idade.

En concreto, os axentes identificaron a 45 persoas, das que 10 eran menores, e levantaron tres actas por consumo de alcol de menores e outras catro por consumo de sustancias estupefacientes; dous a menores e dous a maiores de idade.

Segundo destacou a Xunta, o dispositivo enmárcase nas actuacións para velar polo cumprimento da Lei 11/2010, de 17 de decembro, de prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade, co obxectivo de previr a venda e a subministración a menores de idade, tanto en locais de lecer como bares, pubs ou discotecas como en supermercados e tendas 24 horas que sexan establecemento expendedores de alcol e tabaco.

Do mesmo xeito, tamén se efectúan intervencións preventivas nas concentracións da mocidade nas vías públicas, para controlar e evitar o consumo ilícito.

ÚLTIMAS

Lugo acusa á Xunta de ser a responsable de que haxa 618 persoas dependentes sen axuda no fogar

O goberno local lucense defenderá no pleno deste mes unha proposición para reclamar á...

Sae a subasta por case 800.000 euros o local da centenaria pastelaría Madarro de Lugo

A Sección Civil de Execución do Tribunal de Instancia de Lugo dirixe a poxa...

O BNG pedirá no Congreso melloras no servizo de Correos na comarca de Lugo

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou novas iniciativas para reclamar ao...

Un matrimonio de avanzada idade falece nun choque entre un camión e un turismo en Antas do Ulla

Dúas persoas, un matrimonio de avanzada idade, faleceron este martes nun accidente de tráfico...