Axentes da xefatura provincial da Policía Autonómica en Lugo levaron a cabo o pasado 14 de maio un dispositivo de prevención de consumo de alcol por menores de idade no barrio da Piringalla da capital lucense, cun resultado de sete actas de infracción por incumprimento das leis 2/1996 e 11/2010, en actividades de prevención de consumo de sustancias prohibidas a menores de idade.
En concreto, os axentes identificaron a 45 persoas, das que 10 eran menores, e levantaron tres actas por consumo de alcol de menores e outras catro por consumo de sustancias estupefacientes; dous a menores e dous a maiores de idade.
Segundo destacou a Xunta, o dispositivo enmárcase nas actuacións para velar polo cumprimento da Lei 11/2010, de 17 de decembro, de prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade, co obxectivo de previr a venda e a subministración a menores de idade, tanto en locais de lecer como bares, pubs ou discotecas como en supermercados e tendas 24 horas que sexan establecemento expendedores de alcol e tabaco.
Do mesmo xeito, tamén se efectúan intervencións preventivas nas concentracións da mocidade nas vías públicas, para controlar e evitar o consumo ilícito.