InicioSociedadeManifestación en Lugo contra a "depredación e proliferación" de polígonos eólicos

Manifestación en Lugo contra a “depredación e proliferación” de polígonos eólicos

A coordinadora local 'Un Vento Vén', busca "facer visible a crecente oposición, tanto no ámbito rural como urbano", ante a proliferación de polígonos eólicos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Centos de persoas manifestáronse este domingo polas principais rúas de Lugo contra a “proliferación de polígonos eólicos” e a política de “depredación” impulsada pola Xunta e o Goberno central.

A protesta, convocada pola coordinadora local ‘Un Vento Vén’ baixo o lema ‘O pobo galego unido contra a depredación enerxética’, busca “facer visible a crecente oposición, tanto no ámbito rural como urbano”, ante a proliferación de polígonos eólicos.

Esixen frear “de inmediato”, o actual plan eólico e os proxectos en proceso, e apostar por un modelo enerxético “transparente, xusto, descentralizado e descarbonizado, que potencie a soberanía enerxética”, con consumos reducidos e apoiados en redes de distribución local”.

En declaracións a Europa Press, Marga Prieto, do Sindicato Labrego (unha das 100 asociacións participantes), incidiu en que con esta terceira manifestación buscan demostrar que as cidades tamén “fan seu” o problema dos eólicos, que azouta ao mundo rural.

Considera ademais que as políticas públicas en canto a enerxía eólica están “a arrasar co país” e referiuse concretamente ao novo decreto da Xunta, agora en proceso de exposición pública, “feito a medida das grandes empresas” e que se penetra nun “terreo perigoso” como é a fragmentación.

Advirte ademais de que seguirán manifestándose e levando a cabo campañas como a municipal xa en marcha, na que convidan os candidatos a explicar que farían en canto á problemática eólica se chegasen a gobernar tras as próximas eleccións do 28 de maio.

+ posts

ÚLTIMAS

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...

Comezan as obras de mellora na estrada que une Lugo con Ponte Ombreiro

A Deputación de Lugo vén de iniciar este venres os traballos de rehabilitación dun...

O encontro Detrás dos Mestre Mateo reivindica Lugo como “centrop de creación cultural”

A deputada de Cultura Iria Castro reivindicou Lugo como “centro de creación cultural” no...

O PSdeG leva ao Pleno da Deputación a defensa da Residencia das Gándaras

O Grupo Provincial Socialista defenderá no vindeiro Pleno da Deputación de Lugo, que se...