InicioSucesosDesarticulan unha rede de tráfico de drogas por introducir na provincia 50...

Desarticulan unha rede de tráfico de drogas por introducir na provincia 50 quilos de cocaína desde 2020

Con esta operación, a Garda Civil considera que se desarticulou o punto de entrada de cocaína máis importante de Lugo, do cal se alimentaban os principais distribuidores polo miúdo lucenses.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil desarticulou unha rede criminal especializada no tráfico de cocaína e haxix nas provincias de Lugo e A Coruña, un operativo que se saldou con 11 detidos e importantes cantidades de droga incautada.

A investigación, dirixida polo Xulgado de Instrución Nº1 da cidade, iniciouse o pasado ano no termo municipal de Lugo, tras detectarse unha leira á que acudían asiduamente persoas vinculadas ao tráfico de drogas.

Este terreo, destacou a Garda Civil, era utilizado por un empresario da construción como lugar de reunión e entrega de sustancias estupefacientes a outros intermediarios, para a súa posterior venda polo miúdo en diferentes localidades da provincia de Lugo.

No desenvolvemento da operación púidose identificar as persoas que acudían a adquirir “considerables cantidades de droga” e, á súa vez, identificar a liña de abastecemento do empresario lucense, radicada na provincia da Coruña.

A operación policial, desenvolvida en distintas provincias galegas, saldouse con 11 detencións e rexistros domiciliarios no termo municipal de Lugo e en Oleiros.

Por mor destas actuacións interviñéronse dun total de 2,5 quilos de cocaína, 1 quilo de anfetamina, 30 quilos de resina de haxix, 2 quilos de marihuana, 36 gramos de cocaína rosa e 10 gramos de ketamina, así como 93.000 euros, un arma de fogo, munición, vehículos de alta gama e documentación relacionada coa contabilidade da venda de sustancias estupefacientes.

Da análise da documentación intervida ao empresario lucense púidose determinar que no últimos tres anos a organización introduciu na provincia de Lugo unha cantidade próxima aos 50 quilos de cocaína.

Con esta operación, a Garda Civil considera que se desarticulou o punto de entrada de cocaína máis importante de Lugo, do cal se alimentaban os principais distribuidores polo miúdo lucenses. Ademais, en referencia ás persoas que aprovisionaban ao empresario lucense de cocaína, a investigación tamén puido determinar que eran o punto de venda de haxix máis activo da cidade herculina.

Tras a posta a disposición xudicial dos detidos, decretouse o ingreso en prisión do empresario lucense, así como de dous dos seus provedores de Oleiros.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...