InicioSociedadeFerido un home tras saír da vía en Carballedo

Ferido un home tras saír da vía en Carballedo

O condutor foi evacuado ao centro hospitalario de referencia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un condutor resultou ferido tras saírse da vía o coche no que circulaba polo municipio de Carballedo, en Lugo, segundo informaron fontes do CIAE 112 Galicia. O accidente tivo lugar sobre as 11,45 horas deste xoves, cando o persoal sanitario que acudiu ao lugar deu avisou ao 112 e informou da saída do helicóptero medicalizado con base en Ourense para evacuar a un condutor ferido.

Polo de agora descoñécense os motivos da saída de vía, aínda que puido deberse a unha indisposición deste condutor. Ademais de efectivos do 061, tamén acudiron ao lugar axentes da Garda Civil de Tráfico, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Carballedo e deuse aviso igualmente aos bombeiros de Chantada. O condutor foi evacuado ao centro hospitalario de referencia.

+ posts

ÚLTIMAS

Polémica en Lugo polo presunto uso irregular de fondos de Turismo

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou á dirixente provincial do PPdeG...

Rescatadas nove vacas tras caer por un precipicio en Taboada

O rescate dun grupo de vacas precipitadas nun desnivel na contorna do río Miño,...

PSdeG e BNG denuncian os pactos escuros do PP que acusa a socialistas e nacionalistas de “cruzar unha liña vermella”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, referiuse este venres aos incidentes...

A CIG denuncia a “criminalización” dos traballadores que enferman este 1 de Maio

Centos de persoas saíron á rúa en Lugo, no acto central convocado polo sindicato...