O maxistrado do Xulgado de Instrución número 1 de Lugo decretou a posta en liberdade do home detido o mércores por supostamente agredir e abusar sexualmente da súa neta, menor de idade. Con todo, o xuíz impúxolle unha prohibición de aproximarse e de comunicarse coa vítima, segundo informan fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).
Ademais, o responsable do Xulgado de Instrución 1 de Lugo, en funcións de garda, confirmou a súa condición de investigado por delitos continuados de abuso e agresión sexual, así como por outro ilícito de provocación sexual. O home pasou a noite do mércores nas dependencias da Comisaría Provincial.
Na investigación dos feitos, dos que non transcenderon máis detalles, interviñeron efectivos da Unidade de Atención á Familia e Muller (UFAM) de Madrid.