InicioEconomíaUnha tractorada colapsa o centro de Lugo para reclamar "prezos xustos" pola...

Unha tractorada colapsa o centro de Lugo para reclamar “prezos xustos” pola carne

Centenares de vehículos permanecen aparcados na Rolda da Muralla.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Produtores de carne colapsaron o centro de Lugo este xoves cunha tractorada formada uns 400 vehículos, segundo estimación da convocante Asociación de Gandeiros Galegos da Suprema, para reclamar “prezos xustos” e denunciar os “recortes” na nova Política Agraria Común (PAC).

En declaracións a Europa Press, o presidente da Asociación de Gandeiros Galegos da Suprema, Santiago Rego, explicaba pasadas as 13,00 horas deste xoves que os tractores aparcados na Rolda da Muralla ían permanecer alí “por agora”.

Os tractores chegados de diferentes puntos da provincia partiron do polígono industrial das Gándaras e tras percorrer diversas rúas quedaron aparcados na Rolda da Muralla, cunha protesta ante o edificio da Xunta onde se despregaron pancartas para demandar prezos “xustos”, antes de comezar un percorrido a pé ata a Subdelegación do Goberno. Os vehículos contaban con carteis nos que se podía ler ‘Véndese’ ou ‘PAC=fame’, á vez que os gandeiros portaban chalecos amarelos co nome da asociación.

VENDA A PERDAS

Así, Santiago Rego denuncia que cobran polo quilo de carne de Suprema ao redor de 5,70 euros, o que supón un euro menos do que lles custa producir e con prezos “de hai 30 anos”, polo que esa cifra debería subir ata uns 7 euros para non vender a perdas, o que sería un “prezo razoable, sen contar loxicamente co beneficio que se pode ter como calquera traballador polo seu traballo”.

“Si que é verdade que subiu respecto de hai un ano, que era 4,80, pero esta subida foi só para pagar a tonelada de penso“, razoa, polo que a súa situación é “insustentable” cun peche continuo de granxas. Esta asociación convocante volveu a realizar unha protesta cos seus tractores polo centro de Lugo tal e como xa levou a cabo o pasado 18 de abril nunha mobilización polos mesmo motivos.

ÚLTIMAS

Javier Ferreiro, polbeiro: “Trouxemos 20 toneladas de polbo para o San Froilán, case nada que picar”

Do 5 ao 12 de setembro Lugo convértese no lugar de Galicia idóneo para comer, compartir...

Tarxerta verde da UNESCO para o Xeoparque Montañas do Courel

O Xeoparque Montañas do Courel que comprende os concellos de Ribas de Sil, Quiroga e...

O goberno de Lugo celebra o aval xudicial á demolición do Garañón

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, celebrou este mércores que as tres sentenzas que...

Lugo aproba inicialmente o novo plan de emerxencias municipal

O Executivo local aprobou inicialmente o novo plan de emerxencias municipal, un documento aberto...