InicioSucesosDetido un veciño de Lugo por usurpar varias identidades e tramitar pólizas...

Detido un veciño de Lugo por usurpar varias identidades e tramitar pólizas de seguro falsas

A Garda Civil tamén investiga a outras cinco persoas por delitos de estafa

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo a un veciño de Lugo de 47 anos de idade, como presunto autor dos delitos de usurpación de estado civil, falsidade documental e estafa. Segundo informaron fontes da Comandancia, o investigado é sospeitoso de utilizar de forma fraudulenta a identidade de polo menos 8 persoas para a contratación de pólizas de seguro de automóbil falsas.

Así, subscribía as pólizas con terceiros, a quen lles cobraba en metálico o importe anual da póliza falsa, cando realmente se trataba dun seguro que só tiña vixencia dun día. Deste xeito, os vehículos quedaban sen seguro obrigatorio ata a renovación da póliza. Cando esta renovación se producía, volvía cobrar en metálico utilizando a identidade doutra persoa distinta para subscribir outra póliza falsa. O home detido foi posto a disposición xudicial.

Por outra banda, a Garda Civil de Lugo tamén informou da investigación a outras dúas persoas, dous veciños da cidade de 38 e 39 anos de idade, por supostos delitos de furto e estafa.

Os axentes atribúenlle un furto no interior dun vehículo estacionado en Begonte, de onde levaron unha carteira con diñeiro en efectivo, documentación e dous cartóns de crédito. Posteriormente, utilizaron os cartóns en varios establecementos comerciais de Lugo.

Así mesmo, investígase a tres persoas (un veciño de Sarria de 36 anos, un veciño de Láncara de 28 anos e unha veciña do Incio de 21 anos) como supostos autores de dúas estafas, ao abandonar dous establecemento de hostalaría de Sarria sen pagar as consumicións, por un total duns 80 euros.

DANOS E FURTO

A Garda Civil confirmou tamén a apertura de dilixencias contra un veciño de Foz, de 53 anos de idade, investigado por un delito de danos, ao picar o catro pneumáticos dun coche aparcado nun garaxe comunitario de Foz.

Igualmente, están investigados dous veciños de Vilalba, de 46 e 52 anos de idade, por furtar supostamente unha mesa de billar que se atopaba nun centro cultural desta localidade. A mesa puido ser recuperada no transcurso da investigación.

ÚLTIMAS

Besteiro e Lara Méndez buscan fechar o baleiro de poder no PSdeG de Lugo tras a marcha de Tomé

A dimisión do alcalde de Monforte, José Tomé, como presidente da Deputación de Lugo...

O PP de Lugo reclama “menos impostos e máis apoio para quen traballan” ante unha caída “xeneralizada de autónomos”

Os senadores do PP lucense José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano...

Catro axentes sacan a pulso un home que estaba en perigo na ponte de Carballedo

A Garda Civil informou dunha intervención humanitaria na presa de Os Peares, no termo...

Detido en Lugo por atracar dúas veces no mesmo día a un vendedor do ONCE

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a un home como presunto...