InicioSucesosDenunciado en Lugo cunha taxa de alcol catro veces superior á máxima

Denunciado en Lugo cunha taxa de alcol catro veces superior á máxima

Tamén foi denunciada unha parella por agresión mútua.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo instruíu dilixencias de denuncia contra un condutor que circulaba sen carné por perda de puntos, e tamén contra outro por conductir cunha taxa de alcoholemia máis de catro veces superior á máxima permitida.

Así mesmo, foi denunciado penalmente outro condutor interceptado cando circulaba pola Rúa dos Gardas de forma errática. Os axentes sometérono ao test de alcoholemia, e este arroxou un resultado de 1,05 mg/l, un nivel catro veces por encima da taxa máxima permitida ao volante. Tamén se abriron dilixencias de infracción administrativa contra outros dous condutores, identificados, respectivamente, nas rúas Illas Cíes e República Arxentina, por dar resultado positivo por encima de 0,50 mg/l no test de alcoholemia.

AGRESIÓN

Tamén axentes da Policía Local de Lugo detiveron aos dous membros dunha parella por agredirse mutuamente no seu domicilio, e atribúe un presunto delito de violencia de xénero ao home, e un delito de violencia no ámbito familiar á muller.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo denuncia “intentos de danar a imaxe” do Arde Lucus

O Goberno local quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade e confianza á cidadanía e...

Pontón augura que o BNG “fará historia” en Lugo con Arroxo de alcalde

A portavoz nacional do Bloque presenta o candidato para as municipais de 2027 e presume de dar "estabilidade e rigor" á cidade amurallada.

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

Vilalba Aberta solicita conveniar coa Xunta un centro de día como en Outeiro de Rei

Vilalba Aberta volve tomar a iniciativa ao respecto do anhelado Centro de Día. A...