InicioSucesosDenuncian un condutor en Lugo por circular co carné retirado por perda...

Denuncian un condutor en Lugo por circular co carné retirado por perda total de puntos

As probas realizadas deron un resultado positivo de 0,32 mg/l, polo que se abriu expediente de sanción e inmobilizouse o vehículo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo denunciou a un condutor que circulaba sen carné, tras perder todos os puntos asignados, como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na madrugada deste mércores, nun dos filtros de control de tráfico e seguridade establecido polo 092.

Así, foi detectado un condutor circulando pola rúa Yáñez Rebolo ao que se lle deu o alto e, ao identificalo, os axentes comprobaron que ten o permiso de conducir retirado pola perda total de puntos. Os funcionarios instruíron dilixencias por un delito contra a seguridade viaria e inmobilizaron o vehículo.

Nese mesmo punto de control foi detectado outro vehículo cuxo condutor presentaba síntomas de estar baixo os efectos do alcol. As probas realizadas deron un resultado positivo de 0,32 mg/l, polo que se abriu expediente de sanción e inmobilizouse o vehículo.

Nas últimas horas, nos diferentes controis de tráfico da Policía Local de Lugo foron denunciados 7 condutores por non presentar a ITV en prazo, outro por circular coa ITV desfavorable, e outro por facelo sen o seguro obrigatorio.

Por outra banda, a Policía Local informou do levantamento de 5 actas de denuncia por ocupación do espazo público para venda ambulante non autorizada no parque da Milagrosa.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSdeG reclama á Xunta unha solución ante “a extrema gravidade” de Urxencias no HULA

A deputada do PSdeG Lara Méndez López vén de rexistrar no Parlamento unha iniciativa...

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...