InicioPolíticaRueda ratifica o obxectivo de que o hidroducto Guitiriz-Zamora estea en funcionamento...

Rueda ratifica o obxectivo de que o hidroducto Guitiriz-Zamora estea en funcionamento en 2030

Reafirma o compromiso de Galicia para ser "protagonista" na produción e subministración de enerxía ao resto do mundo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, ratificou este martes que, “se todo vai ben”, a previsión é que o hidroducto Guitiriz-Zamora se poida pór en servizo no ano 2030; á vez que reafirmou o “compromiso” de Galicia para ser territorio “protagonista” na produción e subministración de enerxía ao resto do mundo.

Así o manifestou tras a firma, en Guitiriz, co conselleiro delegado de Enagás, Arturo Gonzalo, do denominado ‘Pacto pola Enerxía‘. No acto participou tamén o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Francisco Conde, entre outras autoridades.

Este acordo compromete á operadora –líder en España na xestión e operación de infraestruturas de transporte de gas– a actuar como promotor do hidroducto entre Guitiriz e Zamora, e asegurar así a conexión enerxética da Comunidade coa Península e Europa.

A empresa asume como obxectivo obter o recoñecemento deste nodo como Proxecto de Interese Común (PCI) para a Unión Europea e poder polo así en servizo en 2030. Segundo explicou o presidente, trátase de “un paso máis” nun proceso de transición enerxética “que xa está en marcha e no que Galicia aspira a estar á cabeza”.

ALIANZA DO HIDRÓXENO VERDE

A firma do protocolo supón a incorporación de Enagás como empresa tractora na Alianza Industrial Galega do Hidróxeno Verde, o que permitirá ao sector dispor do seu coñecemento e experiencia, soporte técnico e accións de promocións. A Alianza xa conta con dez compañías e outro dez clústeres e asociacións que representan a máis de 700 entidades.

+ posts

ÚLTIMAS

Convocou a Xunta unha praza específica para María Reigosa en Medio Ambiente?

PSOE e BNG de Lugo fixeron público un comunicado conxunto no que esixen á...

O PP de Lugo defende a moción de censura en Lugo: “é para dar estabilidade á cidade”

O presidente da xunta local do Partido Popular en Lugo, Ramón Carballo, levantou o...

Arroxo reclama saber que “tipo de beneficio” tería Reigosa se apoia a moción de censura

O tenente de alcalde do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, reclamou este martes aclaracións...

O Eixo Atlántico analiza en Lugo a resiliencia urbana fronte ás crises internacionais e o encarecemento da enerxía

O Consello Estratéxico do Eixo Atlántico analizou este martes en Lugo a resiliencia dos...