InicioSucesosCortada a N-6 en Pedrafita tras un accidente que deixou un tráiler...

Cortada a N-6 en Pedrafita tras un accidente que deixou un tráiler suspendido nunha pendente

No accidente estaban implicados dous camións e un turismo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un accidente de tráfico no que se viron implicados dous camións e un turismo obrigou este venres a cortar a N-6 na saída de Pedrafita do Cebreiro, despois de que un dos vehículos, un tráiler de grandes dimensións, cruzase na estrada e quedara suspendido nun noiro sobre unha vivenda.

O suceso ocorreu sobre as 8,30 horas deste venres, no tramo da N-6 que sae de Pedrafita e que actualmente ven obrigados a utilizar todos os vehículos que entran ou saen de Galicia por este punto, dado que a autovía A-6 está cortada polo derrube do viaduto de O Castro.

De feito, segundo informaron a Europa Press fontes de Emerxencias, o accidente ocorreu xusto sobre o pobo de O Castro, do municipio de Veiga de Valcarce, polo que o tramo de estrada afectado pertence á provincia de León e non a Galicia.

O 112-Galicia recibiu á primeira hora unha chamada de alerta na que se informaba da colisión e de que un dos tráilers implicados quedouse cruzado sobre a calzada e semisuspendido nun noiro, sobre unha vivenda.

Os efectivos do 112-Galicia derivaron entón a chamada aos de emerxencias de Castela e León, dado que se trata do seu ámbito de competencia. Ao lugar mobilizáronse efectivos da Garda Civil, para cortar e sinalizar a estrada, e persoal sanitario, que atendeu a dous feridos leves.

No lugar despregouse tamén un importante operativo para retirar o tráiler, así como para reordenar o tráfico. Segundo informa a Dirección Xeral de Tráfico, a circulación en sentido Madrid quedou cortada por este punto e estase desviando aos vehículos pola estrada antiga.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de Lugo incendia o Parlamento entre acusacións de “compra de vontades”, transfuguismo e “hipocrisía”

A moción de censura de Lugo volveu este martes ao centro do debate político...

Pontón aplaude o traballo do BNG no Concello de Lugo e advirte: “Lugo non perdoará aos traidores”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu o labor do tenente de alcalde...

Carmela López e Miguel Fernández examinan as obras en Adolfo Suárez “acceso esencial para a intermodal”

  A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...