InicioLugo e contornaLugoLara Méndez anuncia que o Concello estuda o peche do local 'conflitivo'...

Lara Méndez anuncia que o Concello estuda o peche do local ‘conflitivo’ na rúa Tui

A alcaldesa de Lugo lembrou que o seu goberno local leva pechados, nos últimos meses, nove locais na cidade e avanzou que iso é o que se fará con "calquera que non cumpra a normativa".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, avanzou este martes que o seu goberno traballa coa vista posta no peche do local “conflitivo” da rúa Tui, onde este fin de semana produciuse unha nova redada, así como de “calquera que non cumpra a normativa”.

Méndez lembrou o último operativo realizado no after Las Palmeras, leste mesmo fin de semana, e sinalou que o establecemento foi obxecto de cinco inspecciones nos últimos meses dada a “controversia” que xera na zona.

Fronte a isto, e coas críticas dos veciños a favor, o concello traballa no “seguimento dos incumprimentos” deste local “para chegar a ese fin que é o peche”.

Lara Méndez lembrou que o seu goberno local leva pechados, nos últimos meses, nove locais na cidade e avanzou que iso é o que se fará con “calquera que non cumpra a normativa” e non “garanta a convivencia cos veciños” e o equilibrio entre “o lecer e o descanso”.

+ posts

ÚLTIMAS

Localizan en Lugo un cadáver que podería ser o de Isaura Vázquez, desaparecida desde xullo de 2025

O cadáver dunha muller foi localizado este mércores en avanzado estado de descomposición nas...

Detida en Lugo tras entrar pola forza nunha vivenda, agredir unha muller e regresar para ameazala

A Policía Local de Lugo interveu este mércores nunha agresión con allanamento de morada....

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...