InicioSociedadeEcoloxistas rexeitan a Ronda Leste por ser "innecesaria" e provocar "danos irreparables"

Ecoloxistas rexeitan a Ronda Leste por ser “innecesaria” e provocar “danos irreparables”

Polo tanto, solicítanlle á Xunta que desista neste proxecto e que "atenda ao interese xeral e protexa o patrimonio natural e cultural".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Asociación Ecoloxistas en Acción Galicia e o Grupo Local de Ecoloxistas en acción Lugo en particular, mostrou o seu rexeitamento á construción da Ronda Leste porque “fomenta o tráfico de coches e sacrifica carballeiras”.

Segundo indican esta construción provocaría “danos irreparables” que a Administración debería evitar porque “non podemos gastar fondos públicos para fomentar a circulación de coches e moito menos para sacrificar carballeiras, danar á biodiversidade, consumir materiais extractivos e aumentar a contaminación lumínica, acústica ou da calidade do aire”.

Ademais, sinalan que tamén afectaría a camiños como a vía Künig ou a vía romana XIX e que o lugar está dentro do perímetro dunha zona de protección de augas mineiro medicinais segundo recolle o visor do SIAMS da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, pois toda a zona do rego de Samai e do rio da Chanca -ou rio Rato- está protexida, polo que esta infraestrutura “pode prexudicala aínda máis”.

Do mesmo xeito, consideran que a obra é “totalmente innecesaria” e que “nin sequera vai xerar un adianto considerable nos viaxes”. Polo tanto, solicítanlle á Xunta que desista neste proxecto e que “atenda ao interese xeral e protexa o patrimonio natural e cultural“.

+ posts

ÚLTIMAS

A rotura dunha tubaxe de gas na intermodal de Lugo deixa sen subministración a 1.200 clientes

A rotura dunha tubaxe de gas por parte dunha escavadora que traballa na obra...

Daveiga, a empresa lucense que festexa o ‘Día das Letras Galegas’ cos traballadores

O compromiso co galego da empresa Daveiga, creadora e comercializadora das populares galletas ‘Mariñeiras’, é de...

O PP de Lugo acusa ao goberno provincial de “non ter estratexia turística”

“O goberno provincial de PSOE e BNG non ten estratexia turística para a provincia”,...

II Festa do Centenario de Rábade para o 31 de maio

O Concello de Rábade celebrará o próximo 31 de maio a II Festa do...