InicioPolíticaAna Pontón sobre Lugo: "é unha cidade con máis calidade de vida...

Ana Pontón sobre Lugo: “é unha cidade con máis calidade de vida grazas ao BNG”

"Quitarlle o poder aos coches para darlle o poder ás persoas é un sinal de identidade do goberno municipal do BNG", remarcou a portavoz nacional do BNG.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Ana Pontón, puxo en valor este xoves a peonalización de Lugo como un “sinal de identidade dun goberno do BNG” porque “mellora a calidade de vida das persoas”.

Así o sinalou nunha visita á cidade onde coñeceu os traballos levados a cabo por Rubén Arroxo, actual integrante do goberno municipal e candidato á Alcaldía do Bloque.

Para ela, Arroxo e o seu equipo están transformado Lugo “en positivo” e facendo que a cidade “mellore, avance e aumente as súas oportunidades económicas e dinamismo, pondo sempre ás persoas no centro para gañar calidade de vida”.

“Quitarlle o poder aos coches para darlle o poder ás persoas é un sinal de identidade do goberno municipal do BNG”, subliñou Ana Pontón, quen destacou outras iniciativas como a posta en valor de todo a contorna da muralla.

“Hoxe Lugo é unha cidade con máis calidade de vida grazas ás actuacións do BNG desde o goberno baixo a batuta de Rubén Arroxo, candidato á Alcaldía”, reivindicou Pontón, mostrando a súa confianza en que el será o líder do próximo goberno municipal.

Pola súa banda, Arroxo subliñou que no últimos catro anos a cidade gañou 15 rúas peonalizadas, o que axuda ao incremento das vendas dos comercios. “O BNG de Lugo cumpriu cun 95% do seu programa nas áreas que xestionou”, engadiu.

+ posts

ÚLTIMAS

O paseo do Río Rato, un verxel con 155 hortos urbanos en pleno centro de Lugo

O entorno do paseo do Rato, no concello de Lugo, acolle un verdadeiro vergel...

Hospitalizadas dúas persoas tras unha colisión frontal entre unha furgoneta e un turismo en Vilalba

Dúas persoas tiveron que ser trasladas polos servizos sanitarios tras producirse unha colisión frontal...

‘Raíces nas Augas’: a obra que aborda as migracións entre Europa e o Río da Prata combinando o rigor e a dimensión humana

‘Raíces nas Augas’ é unha obra que reconstrúe, en palabras do seu autor, o...

Investigan a morte dunha muller tras precipitarse na Muralla de Lugo

Unha muller faleceu na madrugada deste domingo tras precipitarse desde a Muralla de Lugo,...