InicioSucesosGuitiriz emite un bando no que pide non consumir auga da traída...

Guitiriz emite un bando no que pide non consumir auga da traída municipal

O Concello de Guitiriz recomenda non empregar a auga distribuída para consumo humano mentres non instala un filtro para eliminar o alto contido en ferro

PUBLICADA O

- Advertisement -

A veciñanza de Guitiriz deberá evitar consumir auga da traída municipal polo alto contido en ferro. A recomendación parte do Concello, que detectou nas análises de laboratorio unha concentración excesiva na distribución, de 1700 microgramos por litro. Así consta no bando asinado pola alcaldesa, Regina Polín, onde se explica que o goberno local instalará de urxencia filtros nos depósitos.

A medida foi adoptada despois de examinar todas as opcións dispoñibles e co asesoramento de empresas especializadas. A urxente posta en marcha dos desferrizadores levará, segundo a estimación do Concello, vinte días. Durante ese tempo pídese aos habitantes de Guitiriz non empregar a auga para consumo humano.

Asemade, o executivo da vila chairega solicitará axuda técnica a outros organismos públicos, entre eles a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Augas de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente e Territorio, para así achar a solución definitiva para a alta concentración de ferro.

A priori, o Concello intentará recuperar a tubería que conecta directamente os depósitos coa auga dos mananciais da Serra do Cordal de Montouto, e que evita o pantano.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...