O PPdeG comezou este 2023 coa firme intención de recuperar poder municipal e provincial. Os populares son o único partido galego que teñen xa presentado públicamente os candidatos aos 313 concellos e este domingo escenificaba xa o comenzo desta longa campaña electoral que durará case todo o ano, primeiro coas municipais en maio e probablemente en outubro ou novembro as xerais ao Estado. Un acto ao que acudía o presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo.
E é que tanto o actual presidente galego como o anterior xóganse moito nestes comicios locais. O primeiro, para tentar superar as cifras de hai catro anos e gañar deputacións e grandes concellos co obxectivo posto nas autonómicas e o segundo porque quere vender en Madrid o éxito da súa xestión nestes últimos anos de cara a cita electoral de final de ano.
E cal é o gran obxectivo do PPdeG para os comicios locais?. Todas as fontes consultadas por Galicia Confidencial coinciden no mesmo: gañar dúas novas deputacións para poder gobernar en tres das catro e acadar as alcaldías de Lugo, Ferrol e Ourense, ademais de aumentar o número de concellos nos que gobernan actualmente.
ESTRATEXIA DE CATRO NIVEIS
Un documento ao que tivo acceso Galicia Confidencial destaca que os populares centrarán os seus esforzos electorais en prazas significativas hoxe en mas principalmente do PSOE. Os populares teñen deseñado unha estratexia en catro niveis. Os dous niveis máis importantes teñen que ver cos concellos nos que que están a un escano da maioría absoluta e os municipios nos que non gobernan pero son “prioritarios” para acadar alcaldías e deputacións.
Os outros dous niveis teñen que ver cos conocellos nos que o PP goberna en minoría e aqueles onde a maioría absoluta do PPdeG é “axustada” e está a un concelleiro ou concelleira de perdela.
Os municipios nos que o PP cre que pode volver gobernar son 14 e poderían cambiar tamén o equilibrio de forzas nas deputacións. Na provincia de Lugo son A Fonsagrada e Rábade. Por outra banda, os populares tamén centrarán a súa estratexia electoral en concellos que poden mudar os gobernos das actuais deputacións, como é o caso da de Lugo. Así, centrarán os seus obxectivos na propia capital provincial e en Monforte, Quiroga, O saviñao, Sober e Sarria.
OS CONCELLOS QUE O PP NON PODE PERDER
O documento sobre “as actuacións preferentes nas municipais” do PPdeG ao que tivo acceso GC tamén recolle niveis menos importantes nos que actuar. Entre eles, están o de incidir nos concellos nos que o PP goberna en minoría e nos que ten unha mairía absoluta “axustada”. Entre eles están O Corgo e Monterroso e Folgoso do Courel, O incio, Pantón, Triacastela e o Saviñao e menos importantes, Taboada, Portomarín, Chantada, Cospeito e Antas de Ulla. Toda a información en Galicia Confidencial.