InicioSucesosInterceptado un condutor que circulou 20km en sentido contrario pola A-6 e...

Interceptado un condutor que circulou 20km en sentido contrario pola A-6 e deu positivo en alcol

Outro conductor borracho tivo un accidente en Monterroso.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil de Tráfico interceptou ao condutor dun vehículo que circulou varios quilómetros en sentido contrario da A-6. Foi localizado á altura de Guitiriz. Fontes deste corpo de seguridade confirmaron que o suceso tivo lugar sobre as 21 horas deste luns, ao incorporarse polo carril que vai sentido A Coruña para dirixirse sentido Lugo-Madrid.

A circulación produciuse entre os puntos 555 e 535 da A-6, polo que se prolongou uns 20 quilómetros ata que foi interceptado, alertadas as forzas de seguridade por outros condutores.

Cara á zona desprazáronse patrullas do Subsector de Tráfico da Coruña e deuse aviso ao Centro de Xestión de Tráfico, situado na Coruña e á Central Operativa de Servizos do Subsector de Tráfico de Lugo, posto que se dirixía a esa provincia.

Finalmente, o vehículo puido ser interceptado no quilómetro 535 da A-6, no termo municipal de Guitiriz por unha patrulla do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Vilalba, a cal conseguiu retirar da circulación o vehículo.

O condutor foi sometido ao control de alcoholemia arroxando taxas positivas. Ademais, está investigado por condución temeraria ao circular en sentido contrario e por superar as taxas de alcol establecidas, dilixencias que serán remitidas ao xulgado de garda competente.

A Garda Civil lembra que circular de forma temeraria manifesta está penado con entre seis e dous anos de cárcere e privación do carné de conducir entre un e seis anos.

OUTRO ACCIDENTE CON ALCOL POSITIVO

Doutra banda, o pasado domingo 26, sobre as 00.30 horas, rexistrouse un sinistro de circulación na carreta N-640, no termo municipal de Monterroso (Lugo). Consistiu nunha saída de vía por marxe esquerda.

Como consecuencia do sinistro, producíronse só danos materiais. Con todo, o condutor, un home de 35 anos e veciño de Monterroso, foi sometido á proba de alcoholemia e arroxou unha taxa positiva que cuadriplicaba a máxima permitida. Así, está investigado por un delito contra a seguridade viaria.  O equipo de atestados da Garda Civil de Tráfico de Monforte de Lemos instruíu as dilixencias policiais, que serán remitidas ao Xulgado de Garda de Chantada.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...