InicioSociedadeA neve dificulta a circulación na A-6 ao seu paso polas Nogais...

A neve dificulta a circulación na A-6 ao seu paso polas Nogais e varios quilómetros da LU-633

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) constata dificultades para circular en dúas vías de Galicia: na A-6, ao seu paso polas Nogais (Lugo), e en varios quilómetros da LU-633.

A circulación está condicionada na A-6, no quilómetro 438.0, en sentido decreciente da kilometración. O nivel de alerta é o verde, o que implica precaución e control da velocidade: no caso das autovías recoméndase conducir a unha velocidade máxima de 100 quilómetros por hora.

A nevada tamén afectou a varios quilómetros da LU-633, ao seu paso polo porto de Alto do Poio. Neste caso, o nivel de alerta que fixa a DXT é o amarelo, o que supón unha restrición do tráfico, xa que está prohibida a circulación de camións e vehículos articulados. As primeiras neves do inverno nas zonas de montaña de Lugo e Ourense rexistráronse xa o pasado domingo, en Pedrafita do Cebreiro e Manzaneda.

+ posts

ÚLTIMAS

O alcalde do Páramo renuncia á acta e será relevado polo seu segundo, Benjamín García

O Concello de O Páramo celebrará esta tarde o pleno no que se tomará...

Acusan a Elena Candia do “maior acto de vulneración democrática vivido nun pleno do Concello de Lugo”

  O voceiro socialista no Concello de Lugo, Miguel Fernández, criticou este xoves con enorme...

O musical infantil ‘La Sirenita’ chega a Lugo

Lugo acolle esta fin de semana un espectáculo que fará gozar ao público familiar....

Falece un home nun accidente de coche en Láncara

Un home faleceu ao envorcar o vehículo que conducía pola LU-621, á altura do...