InicioSociedadePiden 3 anos e 22.000 euros de indemnización para unha muller que...

Piden 3 anos e 22.000 euros de indemnización para unha muller que estafou a outra coa escusa de axudarlle no seu divorcio

A Audiencia Provincial de Lugo xulgaráa este martes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Lugo xulgará este martes a unha muller, con antecedentes e varias sentenzas anteriores por feitos similares, que supostamente estafou a outra coa escusa de axudarlle no seu divorcio. Así, Fiscalía pide para ela tres anos de prisión e unha indemnización en concepto de responsabilidade civil de 22.000 euros máis intereses.

Segundo recolle o escrito do Ministerio Fiscal, a acusada “con ánimo de lucro e en execución dun plan preconcibido ou aproveitando idéntica ocasión”, convenceu á vítima asegurando que lle ía a “axudar nos trámites do seu divorcio”, para o que asinou “uns supostos documentos que a favorecerían” supostamente co fin de acompañarlle a diversas sucursais da súa entidade bancaria co fin de realizar varios reintegros consecutivos en 2020.

Concretamente, foron retiradas contías de 2.000 e 5.000 euros o 6 de xullo de 2020, mentres que o 15 de setembro quitou 4.000 euros. Mentres, o 2 de outubro de 2020 levouna de novo á sucursal para retirar 7.000 euros.

Ademais, a acusada tentou algo similar con outra persoa, á que fixo crer que tiña unha licenza de comercialización de produtos agrícolas en Lugo e que podía tramitar a cesión á súa posible vítima desa licenza para vender a súa colleita de remolacha. Así, acompañouna a unha sucursal bancaria para que realizase un reintegro de 6.000 euros, pero a empregada da entidade deuse conta e ordenou deixar sen efecto a operación.

Así as cousas, a Fiscalía solicita tres anos de prisión para a acusada, coa pena accesoria de inhabilitación especial para o exercicio do sufraxio pasivo durante o tempo da condena. Tamén terá que abonar as costas do proceso.

En concepto de responsabilidade civil, deberá abonar á victima e a filla (coa que comparte a titularidade da conta) a cantidade de 22.000 euros, coa aplicación dos intereses legais previstos.

ÚLTIMAS

Comezan as obras de desdobre do último tramo da avenida Infanta Elena en Lugo

As obras que completarán o desdobre e humanización dos 2,7 quilómetros da Avenida Infanta...

Tomé e Castro presentan o número máximo de avais para dirixir o PSOE provincial

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e o edil de Paradela Iván Castro presentaron...

Condenados 8 ultras participantes nunha pelexa na previa do Lugo-Ponferradina de 2023

O Xulgado de Instrución nº1 de Lugo condenou este luns aos oito ultras investigados pola súa...

Café Candelas obtén visto e prace ambiental para construír unha planta que aglutinará todo o proceso produtivo en Lugo

Café Candelas obtivo o visto e prace da Xunta desde o punto de vista ambiental para...