InicioSociedadeO alcalde de Rábade celebra a licitación da pasarela sobre a vía...

O alcalde de Rábade celebra a licitación da pasarela sobre a vía do tren, que dará “maior seguridade”

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Rábade, Kiko Fernández Montes, celebrou este mércores o anuncio feito polo Ministerio de Transportes sobre a licitación dunha nova pasarela peonil sobre a vía do tren ao seu paso por este municipio, algo que garantirá unha “maior seguridade” aos viandantes.

“Supón un paso máis nun camiño tortuoso, que desde fai un par de anos, antes da pandemia, estaba canalizado grazas ao exministro Ábalos, que foi sensible ás necesidades de Rábade e que ata aquel momento foi rexeitada“, puntualizou.

O rexedor apuntou que a pandemia “retardou” o proceso, así como a subida de prezos das materias primas, pero “non se parou de traballar, nin por parte do concello nin de Adif”.

Sobre os seus resultados, o alcalde lembra que supón “máis seguridade” para os usuarios, lembrando que o pasado mes de outubro produciuse neste municipio un accidente mortal nun cruzamento de ferrocarril.

Kiko Fernández Montes non se atreve a dar prazos para a conclusión destes traballos, e aclara que “iso non depende do concello, que o único que pode facer é axilizar prazos no que lle compete”. Con todo, confía que neste mes de xaneiro “ou o que vén, póidase proceder á licitación da obra”.

O proxecto contempla a demolición da actual pasarela e a construción dunha nova, que conectará a rúa Campo da Feira e a Praza de España coa estación de ferrocarril.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatá o goberno de Lugo ao bipartito do PSOE...

Convocou a Xunta unha praza específica para María Reigosa en Medio Ambiente?

PSOE e BNG de Lugo fixeron público un comunicado conxunto no que esixen á...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...

O PP de Lugo defende a moción de censura en Lugo: “é para dar estabilidade á cidade”

O presidente da xunta local do Partido Popular en Lugo, Ramón Carballo, levantou o...