InicioSociedadeO BNG reclama de novo a creación dun xulgado específico de violencia...

O BNG reclama de novo a creación dun xulgado específico de violencia de xénero en Lugo

Pídeno para que faga posible "unha atención próxima ás vítimas e reducir a perturbación que o proceso xudicial implica".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O BNG de Lugo volveu a insistir este martes na necesidade de pór en marcha un xulgado específico en violencia de xénero na cidade, que faga posible “unha atención próxima ás vítimas e reducir a perturbación que o proceso xudicial implica”.

Desta forma, o Bloque propuxo un sistema comarcalizado, no que se acollan todos os casos que ocorran en Lugo, que permita ás vítimas ser atendidas por profesionais cualificadas na materia.

O partido reiterou esta petición de crear unha sala específica de violencia de xénero, que define como “histórica” na cidade, tras a creación dun novo xulgado de familia.

A responsable da comisión de acción feminista do BNG, Elvira Lombao, indicou que “celebran contar en Lugo con este novo xulgado, pero a Xunta debería ter a mesma sensibilidade para solicitar o xulgado específico de violencia de xénero”.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...