InicioSociedadeO "abandono" da escola Gregorio Sanz denunciado por CC.OO é certificado pola...

O “abandono” da escola Gregorio Sanz denunciado por CC.OO é certificado pola Xunta

O sindicato Comisións Obreiras (CC.OO) informou este martes da recepción dun escrito asinado polo servizo de Inspección de Familia e Menores da Xunta de Galicia que certifica o "abandono" denunciado hai un mes por este sindicato da escola infantil luguesa Gregorio Sanz.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O sindicato Comisións Obreiras (CC.OO) informou este martes da recepción dun escrito asinado polo servizo de Inspección de Familia e Menores da Xunta de Galicia que certifica o “abandono” denunciado hai un mes por este sindicato da escola infantil luguesa Gregorio Sanz.

O documento en cuestión informa dunha visita de Inspección ao centro a comezos deste mes de decembro que “constata deficiencias que requiren ser emendadas nun breve prazo”.

Desde CC.OO consideran “inaudito” que a Xunta de Galicia, desde Santiago de Compostela, “actúe e se mova con maior rapidez que o Concello de Lugo”.

O secretario xeral comarcal de CC.OO, Manuel Quiñoá, lamentou que, pasados varios meses, o goberno local “nin sequera respondese os escritos enviados”.

Tal e como sinalou CC.OO, o sindicato denunciou hai un mes, tanto na Consellería de Política Social da Xunta como en Inspección de traballo, a situación “insustentable” desta escola infantil que “vén de lonxe”, concretamente desde o ano 2016.

Tras recibir o requirimento da Xunta, CC.OO espera que o Concello de Lugo “asuma dunha vez as súas responsabilidades, tanto cos menores que acoden ao centro como cos traballadores”.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...