InicioSucesosA Policía confirma que o detido polo crime de Cristina Cabo coñeceuna...

A Policía confirma que o detido polo crime de Cristina Cabo coñeceuna esa madrugada e tiña o seu portátil

Non houbo ningún contacto nin coñecemento previo. O presunto homicida foi detido no domicilio que compartía na Rúa Miguel de Cervantes, onde segundo os investigadores, preparaba a súa fuxida.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional de Lugo continúa coas dilixencias para apontoar a acusación do presunto homicida de Cristina Cabo Buján, cuxo cadáver foi achado o pasado domingo no seu domicilio con signos de violencia e evidencia de recibir múltiples coiteladas.

Como principal sospeitoso do crime foi detido un home, de 32 anos e nacionalidade colombiana, que levaba dous meses residindo na cidade.

O portavoz da comisaría lucense, o subinspector Manuel Arias, precisou que “unha vez que se fixo o rexistro”, na casa onde residía na rúa Miguel de Cervantes, “quedan outras dilixencias por levar a cabo que xurdan do que se puido ver, observar e incautar nese domicilio”.

“Ademais das informacións que se foron recollendo en todas as declaracións, hai que achegar o máximo número de probas para que no momento do xuízo estea ben atado e ben pechado e posteriormente tomarlle declaración ao detido. E a partir de aí trasladar todo á autoridade xudicial e tamén ao detido”, concretou.

Arias descartou que o detido pase este mércores a disposición xudicial e, así, acreditou que, segundo cóntanlle “os investigadores, téñeno ocupado hoxe coas dilixencias que teñen que practicar”.

“Unha vez que conclúan estas xestións que se están facendo, tómase declaración e pásase a disposición xudicial sempre ao amparo dese límite legal de 72 horas, sen esgotalo“, puntualizou.

O Xulgado que asumiu o caso inicialmente foi o que estaba de garda, o número 1, pero o subinspector aclarou que o pase a disposición xudicial será “no que corresponda” no momento en que se produza.

O presunto homicida foi detido no domicilio que compartía na Rúa Miguel de Cervantes, onde segundo os investigadores, preparaba a súa fuxida. Houbo un rexistro no que se incautaron varios efectos, entre eles un computador portátil que pertencía á vítima.

PROSEGUE A INVESTIGACIÓN

En declaracións aos medios nun acto na Coruña, o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, destacou o labor da Policía Nacional, quen detivo ao principal sospeitoso do crime “en menos de 36 horas”.

Miñones destacou os disntintos pasos e incidiu en que agora se segue coas dilixencias habituais. Terá que prestar declaración ante a policía e pasará a disposición xudicial.

Con respecto ao móbil dos feitos, ratificou que é unha parte que continúa en investigación e engadiu que o Xulgado tamén dará os pasos correspondentes.

“Sabemos que non existía unha relación previa, senón que xusto esa mesma noite coñecéronse vítima e agresor nun local de lecer. Por tanto, esa mesma madrugada estarían xuntos. Máis aló, non se coñece o móbil e imos seguir con esa parte da investigación”, aseverou.

ÚLTIMAS

“Situación moi complicada” na provincia de Lugo por choivas torrenciais, con inundacións en rúas da capital

Meteogalicia --dependente da Consellería de Medio Ambiente-- avisou dunha "situación moi complicada na maior parte da...

Lugo mellora os datos de reciclaxe e aposta por ampliar a compostaxe doméstica

A reciclaxe de envases lixeiros propios do colector amarelo aumentou na cidade de Lugo...

O TSXG avala que H&M cambiase a cea de empresa de Nadal por un almorzo na súa tenda de Lugo

A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) rexeitou que a...

O PP de Lugo lanza un QR para denunciar a “falta de xestión” do Goberno local

O Grupo municipal Popular de Lugo colocou un QR nunha das xanelas da súa...