InicioEconomíaAdif explicará á veciñanza de Parga o proxecto de supresión dos tres...

Adif explicará á veciñanza de Parga o proxecto de supresión dos tres pasos a nivel

Adif accede a devolver o uso público do muelle da estación da Pobra de Parga e anuncia que os técnicos trasladarán á veciñanza o Plan Estatal nas vindeiras semanas

PUBLICADA O

- Advertisement -

Persoal cualificado do administrador de infraestruturas ferroviarias explicará in situ as actuacións para suprimir os tres pasos a nivel de Parga. Este foi o compromiso de Isabel Pardo de Vera, responsable de Adif, na xuntanza mantida en Madrid coa alcaldesa Regina Polín e o secretario xeral do Partido Socialista en Lugo, Álvaro Santos.

A eliminación das interseccións entre a vía férrea e as estradas da parroquia de Guitiriz está contemplada no novo Plan Estatal, que suprimirá 4.000 pasos a nivel en toda a xeografía española. Para esclarecer calquera dúbida que poida existir co proxecto, técnicos do organismo estatal comparecerán en Parga durante as vindeiras semanas. Os socialistas explican que cómpre solucionar a presencia destes pasos a nivel porque comprometen a seguridade do tráfico.

“É moi importante para os veciños que os técnicos do organismo administrador de infraestruturas ferroviarias se acheguen a Parga e lles expliquen con todos os detalles a realidade da situación”, comentou Polín. A rexedora de Guitiriz observou que deste xeito, o propio Concello terá a posibilidade de aclarar as súas responsabilidades.

Así mesmo, o acordo con Adif inclúe devolver o uso público da plataforma de carga da estación da Pobra de Parga. A cesión temporal desta infraestrutura permitirá satisfacer as necesidades puntuais dos habitantes, nomeadamente nos días de feira.

Despois da xuntanza con Adif, os socialistas reuniranse Láncara con responsables dos catro concellos afectados pola posta en servizo do novo trazado (Láncara, Sarria, O Páramo e O Corgo), para analizar a recuperación da Senda Verde. O obxectivo é poñer en valor os case 8 quilómetros do antigo trazado, humanizándoo, mantendo a súa propiedade pública e dándolle uso público.

Adif xa se comprometeu a humanizar os accesos da antiga estación da Pobra de San Xillao. O proxecto garantirá que os terreos do antigo trazado, ao paso polo Concello de Láncara, e o edificio da vella parada de ferrocarril manteñan a titularidade e uso públicos.

ÚLTIMAS

Feridos os dous ocupantes dun coche que sufriu unha saída de vía e impactou contra un muro en Vilalba

Os servizos sanitarios tiveron que prestar atención aos dous ocupantes dun turismo que sufriu...

División de opinións na Asociación Forestal de Galicia sobre Altri: o 52% de socios apoia e o 40%, rexeita

Unha enquisa realizada pola Asociación Forestal de Galicia entre os seus socios sobre o...

Volve a neve en plena primavera á provincia de Lugo este sábado

Varios puntos da provincia de Lugo rexistran nevadas na mañá deste sábado de finais...

Morre Cristina Pérez Herraiz, concelleira en Lugo entre 2015 e 2019

A exconcelleira do Concello de Lugo Cristina Pérez Herraiz faleceu este sábado a consecuencia...