InicioSociedadeDeclaran nulo o despido de catro traballadoras dunha empresa que prestaba servizos...

Declaran nulo o despido de catro traballadoras dunha empresa que prestaba servizos ao Concello de Lugo

O xulgado condenou á empresa Abante Business Process Outsourcing a que opte entre readmitir ás demandantes no seu posto de traballo ou indemnizalas cun total de 11.382 euros pola extinción da relación laboral.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Xulgado do Social número 4 de Lugo declarou improcedente o despedimento, feito efectivo o 1 de abril de 2022, de catro traballadoras de une empresa que prestaba servizos ao Concello de Lugo e que estaban adscritas ao servizo 010.

Desta maneira, condenou á empresa Abante Business Process Outsourcing a que opte entre readmitir ás demandantes no seu posto de traballo ou indemnizalas cun total de 11.382 euros (sumadas as catro indemnizacións) pola extinción da relación laboral.

Desa contía, segundo especifica a maxistrada na sentenza, debe deducirse a indemnización que por cesamento do contrato puidesen percibir as traballadoras, sinala o TSXG.

Na resolución, a xuíza explica que a empresa, por decisión unilateral, deixou de prestar o servizo de atención telefónica 010 desde o 8 de marzo de 2022.

“É evidente que se trata dun suposto de despedimento tácito, posto que existe unha vontade evidente do empresario de pór fin á relación laboral, posto que procedeu a dar de baixa na Seguridade Social ás traballadoras”, recalca a titular do Xulgado do Social número 4 de Lugo no fallo, no que indica que os despedimentos deben ser cualificados como improcedentes porque “non se axustan ás formalidades establecidas na lexislación vixente”, que establece que “o despedimento deberá ser notificado por escrito, indicando os feitos que o motivan e a data de efectos”.

A maxistrada eximiu de responsabilidade solidaria á entidade Central de Chamadas porque “non asumiu o servizo de atención telefónica 010 que había previamente prestado Abante”.

A xuíza asegura que non se tratou “dunha sucesión de contratas”, pois Central de Chamadas, “provisionalmente e durante apenas tres meses, asumiu a atención de chamadas ante o abandono do servizo por parte de Abante, pero, na actualidade, o servizo é prestado polo propio Concello de Lugo“. Contra a resolución cabe presentar recurso de suplicación ante o TSXG.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo aproba o maior orzamento da súa historia: 155,2 millóns de euros para 2027 co voto en contra do PP

A Deputación de Lugo contará en 2027 co maior orzamento da súa historia, cun...

A Fiscalía de Lugo toma cartas no asunto tras as ameazas de bomba en decenas de centros educativos

A Fiscalía Provincial de Lugo abriu de oficio dilixencias de investigación para esclarecer a...

Lugo estrea por fin a súa nova estación intermodal: 49 millóns de investimento e unha reivindicación pendente

Lugo dá un paso importante na modernización das súas infraestruturas de transporte coa entrada...

Feridas dúas persoas nunha colisión entre dous vehículos no Corgo

Os condutores de dous vehículos implicados nunha colisión na estrada N-V, ao seu paso...