InicioTerra CháGuitirizO choque entre un vehículo e un camión causa un ferido na...

O choque entre un vehículo e un camión causa un ferido na A-6, en Guitiriz

O 112 deu o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ao GES de Friol-Pas, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e Protección Civil de Guitiriz e aos servizos de mantemento das estradas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O ocupante dun turismo que chocou contra un camión na A-6, en Guitiriz, resultou ferido e foi trasladado a un centro hospitalario, segundo informa o 112. Aínda que nas primeiras chamadas de alerta indicábase a posibilidade de que estivese atrapado, puido ser retirado sen necesidade de excarceración.

Un particular que circulaba polo lugar chamou ao 112 Galicia minutos antes deste mediodía, dunha colisión entre un coche e un camión na A-6, ao seu paso por San Xiao de Roca, en Guitiriz. Segundo o alertante, o coche quedara encaixado no camión.

O 112 deu o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ao GES de Friol-Pas, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e Protección Civil de Guitiriz e aos servizos de mantemento das estradas.

Unha vez no punto, os servizos de emerxencias puideron comprobar que a persoa ferida, ocupante do turismo, atopábase no exterior, polo que foi o persoal dos servizos sanitarios quen a trasladou ao centro hospitalario.

Os efectivos do GES, pola súa banda, participaron nas tarefas de limpeza para restablecer o tráfico.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG acusa o Goberno central de atrasar infraestruturas viarias na provincia de Lugo

O PPdeG denunciou este sábado atrasos e falta de avances nas infraestruturas viarias estatais...

A Audiencia de Lugo xulga un home acusado de agredir sexualmente unha muller que non podía prestar consentimento

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro luns e martes o xuízo contra...

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...