InicioSociedadeO forense di que o bebé de Lugo supostamente maltratado polos pais...

O forense di que o bebé de Lugo supostamente maltratado polos pais tiña hematomas e unha hemorraxia en retina

O profesional cualificou de "horribles" as imaxes do TAC ao que foi sometido o bebé, que tiña menos de tres meses no momento dos feitos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un dos médicos forenses que atendeu o bebé de Lugo supostamente maltratado polos seus pais asegurou durante o xuízo que o pequeno presentaba hematomas “fortes”, erosións en pálpebras e dedos e unha hemorraxia na retina que lle provocou a perda de visión no ollo esquerdo.

O forense testificou este martes no arranque da segunda xornada do xuízo contra esta parella, para os que Fiscalía e acusación particular, exercida pola Xunta, piden 14 anos de cárcere, respectivamente, por delitos de malos tratos continuados e lesións.

Durante a súa comparecencia ante a sala, o profesional cualificou de “horribles” as imaxes do TAC ao que foi sometido o bebé, que tiña menos de tres meses no momento dos feitos. Segundo o forense, o pequeno presentaba lesións cerebrais onde se advertían “quistes moi grandes” con “consecuencias totalmente imprevisibles” ao ter “moitas áreas” do cerebro afectadas.

Así, o bebé presentaba “hematomas fortes, erosións nos parpados e dedos” e unha “hemorraxia na retina” que lle provocou a perdida da visión do ollo esquerdo. O relato dun dos tres forenses citados a declarar abriu o segundo día da vista na sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo o xuízo contra estes dous pais, que o martes, no inicio do xuízo, negaron ser os responsables das lesións permanentes que padece o neno.

O Ministerio Público sostén que os pais agrediron o bebé –que na actualidade reside cunha familia de acollida— “en reiteradas ocasións” desde 2019, “golpeándoo e zarandeándoo cando se puña a chorar”.

Ademais, aseguran que os pais non atenderon debidamente “as necesidades do menor”, que cando se produciron os feitos apenas tiña tres meses, e “non o mantiveron nas condicións hixiénicas e sanitarias saudables, nin cumpriron coas revisións pediátricas correspondentes”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación non colabora na Vuelta a España feminina e desminte ao PP provincial de Lugo

A Deputación de Lugo enviou un comunicado aos medios en resposta ao PP provincial....

O PP critica que PSOE e BNG escolleran a Tomé para representar á Deputación na presentación da Volta a España feminina

Os deputados do Grupo Provincial Popular critican a decisión que onte tomaron PSOE e...

Suspenden o xuízo contra nove persoas acusadas de estafar 400.000 euros

O xuízo previsto para este martes na Audiencia Provincial de Lugo contra nove persoas...

Escarceran unha persoa tras envorcar o seu vehículo en Pol

Unha persoa tivo que ser excarcerada este martes tras envorcar o vehículo no que...