InicioPolíticaO BNG volve esixir ao alcalde de Pol unha desculpa pública pola...

O BNG volve esixir ao alcalde de Pol unha desculpa pública pola agresión a un mozo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O BNG en Pol volve a exgigir ao alcalde do municipio, o socialista Liño Rodríguez, unha desculpa pública despois da súa condena por agredir a un mozo afeccionado durante un partido de fútbol o pasado 8 de maio.

A pena, tras achalo culpable dun delito de lesións leves, é dunha multa de 540 euros e unha indemnización para o mozo de 120 euros. Os feitos ocorreron durante o encontro entre o Pol e o Portomarín, onde ambos os equipos se xogaban o ascenso a Rexional Preferente.

Tras o fallo do Xulgado de Instrución Número 2 de Lugo, emitido case seis meses despois do ocorrido, os nacionalistas lamentan que “aínda non se emitiu ningunha explicación, nin depuración de responsabilidades, nin unha condena ante os feitos”.

Así, o Bloque segue condenando este “comportamento impropio” e denuncia a “degradación pública”, así como a “deterioración da política e da ética” no municipio de Pol. Precisamente, o BNG lembra polémicas previas do alcalde como a denuncia –que foi arquivada– por suposto acoso laboral pola exsecretaria do Concello e outra proposta de sanción por incumprir co confinamento de primavera do 2020.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...