InicioComarca de MeiraO Pedregal de Irimia declarada Reserva Natural Fluvial

O Pedregal de Irimia declarada Reserva Natural Fluvial

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, propuxo o Pedregal de Irimia como nova Reserva Natural Fluvial da Demarcación, unha iniciativa que tivo o visto e prace do Consello Nacional da Auga.

O obxectivo desta catalogación é valorizar, protexer e mellorar zonas de alto valor ecolóxico. O Pedregal de Irimia, situado no concello de Meira, posúe unhas características que lle fan meritorio para ser catalogado como reserva natural subterránea, apunta a CHMS.

Trátase dun enclave rochoso no que a auga flúe e discorre polo pedregal ladeira abaixo, dotándoo dun importante valor natural, histórico e mitolóxico.

Estas reservas decláranse en base a criterios bióticos, abióticos, hidromorfolóxicos, da calidade da auga, incluído a paisaxe, o que fai que o Pedregal de Irimia, nunha área que abarca 1,40 quilómetros cadrados, quede en zona de especial protección para a que o organismo de conca establecerá un conxunto de medidas concretas de conservación, avaliación e seguimento do seu estado ecolóxico e de fomento e valorización da reserva.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación irá á Feira Internacional de Turismo de Interior para promocionar a provincia

    A Deputación de Lugo participará por primeira vez na Feira Internacional de Turismo de...

Nova agresión nun campo de fútbol: un árbitro acaba no hospital ao recibir unha puñada nun partido de veteranos en Lugo

O encontro entre o Residencia e o Alianza, correspondente á novena xornada da División...

Lugo celebrará o nomeamento de Mariano Castiñeira como Fillo Adoptivo

O Concello de Lugo celebrará o este venres 13 de novembro o acto institucional...

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...