InicioPolíticaA Xunta conclúe en Lugo a rolda de contactos de cara á...

A Xunta conclúe en Lugo a rolda de contactos de cara á Lei de Ordenación do Litoral

Os obxectivos desta primeira norma autonómica son "autogobernar" o litoral e regular a costa desde unha tripla perspectiva; ambiental, social e económica.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta concluíu en Lugo a rolda de contactos que iniciou o pasado mes de setembro cos concellos costeiros de Galicia para recoller as súas achegas á futura Lei de ordenación do litoral de Galicia e sumar esforzos ante as decisións e cambios normativos a nivel estatal.

Despois de destacar que preto de medio centenar de representantes municipais participaron nestes encontros, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, lembrou que este luns, 17 de outubro, termina o período de consulta pública previa da que prevé ser a primeira norma autonómica nesta materia, cuxos obxectivos principais son “autogobernar” o litoral e regular a costa desde unha tripla perspectiva; ambiental, social e económica.

“Queremos ofrecer seguridade xurídica para as empresas que operan xa no litoral ou para aquelas que se queiran implantar na costa”, dixo Ángeles Vázquez durante a reunión, na que estivo acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e pola secretaria xeral técnica da consellería, Carmen Bouso.

Segundo dixo a Xunta, os sucesivos cambios levados a cabo polo Goberno central desde 2018 na normativa de costas “poñen en risco en toda a Comunidade ao redor de 4.000 edificacións en dominio público marítimo terrestre”, das que 339 están na provincia de Lugo.

Nesa liña, incidiuna en que, nos 9 concellos da provincia lucense, o Instituto de Estudos do Territorio identificou como afectadas 247 edificacións de carácter privado, 57 inmobles empresariais ou industriais, nove instalacións deportivas e un cemiterio.

+ posts

ÚLTIMAS

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...

Asinado o convenio entre Deputación e concellos para asumir os custos das residencias provinciais

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, asinou este venres cos alcaldes un...

Preocupación do SLG polas dúas plantas de biogás previstas en Abadín

O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) mostrou a súa inquietude ante o proxecto de...