InicioSociedadeLara Méndez destaca o "esplendor" dun San Froilán que "recuperou presenza" tras...

Lara Méndez destaca o “esplendor” dun San Froilán que “recuperou presenza” tras dous anos de pandemia

A alcaldesa de Lugo fai unha primeira valoración "moi positiva" dos dez días de festas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, fixo unha primeira valoración “moi positiva” dos dez días de festas de San Froilán, do “esplendor” dos festexos despois de “dous anos difíciles” pola pandemia.

Antes de participar na presentación do día do Veciño, Méndez significou que foi “un San Froilán en pleno esplendor, recuperando a esencia do bonito das festas que é a convivencia nas rúas despois de dous anos difíciles”.

“O ano pasado demos algún paso para recuperar as barracas, pero este ano xa sen ningún tipo de limitacións e restricións, gozamos como ese San Froilán do ano 19, 18 ou 17 onde había xente por toda a cidade”, lembrou. Méndez celebrou que se retornou a ese espírito de “convivencia, de socialización, de ganas de festexar e tamén supuxo un revulsivo económico moi importante para o sector servizos da nosa cidade”.

“Esta terceira cita (Arde Lucus, Caudal Fest e San Froilán) que se produce no tempo cronoloxicamente non defraudou en absoluto. Ademais temos que lembrar que durante todo o mes se ten a posibilidade de seguir comendo polbo nas casetas, estarán todo o mes de outubro (nas costas do parque Rosalía)”, destacou.

Lara Méndez puntualizou que “é cedo e difícil á vez” facer un cálculo de cantos miles de visitantes acolleu durante ese dez días a cidade de Lugo e tamén a repercusión económica. “Non podemos esquecer que San Froilán é unha festa que se celebra en todos os barrios da cidade, hai xente por todos os barrios. Por tanto facer un cómputo daquelas persoas que nos visitaron é complexo”, esgrimiu.

Ademais sinalaba que nestas festas “a xente non vén só ao centro, como noutros eventos, senón que vén a Lugo a gozar de Lugo e a súa xente”. “É difícil cuantificar o número e tamén é difícil valorar ese retorno económico, pero si que podemos falar dunha alta ocupación hoteleira“, congratulouse a alcaldesa de Lugo.

Lara Méndez non pasou por alto que “este xoves aínda estamos de San Froilán, ao recuperar o día do neno con prezos populares” para as distintas atraccións no recinto feiral, que presentan “descontos especiales” para oa rapazada ao longo de toda a xornada.

ÚLTIMAS

A redacción do proxecto para construír unha residencia na Pastoriza será financiada pola Xunta

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse co alcalde da Pastoriza,...

Abadín rexistra 62 litros por metro cadrado debido á borrasca Caetano

A borrasca Caetano, que este xoves obrigou a activar diferentes alertas laranxa e amarela...

Un bus urbano causa danos nunha vivenda en Lugo tras saírse da vía e un dos pasaxeiros resulta ferido

Un bus urbano de Lugo sufriu este xoves un accidente de tráfico e causou danos nunha...

Detida unha muller de 20 anos de idade tras tentar introducir marihuana no centro penal de Monterroso

A Garda Civil detivo a unha muller de 20 anos de idade, veciña de Pontevedra, como presunta...