InicioSociedadeO Movemento Veciñal de Lugo distingue co 'V de Veciño' a Diego...

O Movemento Veciñal de Lugo distingue co ‘V de Veciño’ a Diego Calvo e Valentín González Formoso

Entregaranse o 'día do Veciño', que este ano se celebrará o domingo 23 de outubro no Pazo de Feiras e Congresos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Federación de Asociacións de Veciños de Lugo distinguirá co V de Veciño ao vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, e ao secretario xeral dos socialistas galegos e presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso.

Igualmente recoñecerase nesta 20 edición á portavoz socialista na Deputación de Lugo, Pilar García Porto, ao senador do PSOE, César Mogo, ou ao dono do restaurante Botafumeiro de Barcelona Moncho Neira, entre outros.

Uns recoñecementos que se trasladarán o “día do Veciño”, que este ano se celebrará o domingo 23 de outubro, no Pazo de Feiras e Congresos, ao que agardan que acudan ao redor de 4.500 persoas nunha comida onde primarán os produtos de Lugo.

Os actos presentáronse nun dos xardíns da deputación, coa presenza do presidente provincial, José TomÉ, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o delegado da Xunta, Javier Arias, e o presidente da Federación de Asociacións de Veciños da provincia, Jesús Vázquez.

Vázquez subliñou que “hai tantas asociacións en Lugo, como no resto de Galicia xunto”, con preto de 350, a unha media de “unha ou dúas asociacións que se incorporan ao mes”.

O presidente do movemento veciñal presumiu de que “nos achegamos a ese obxectivo das 350 asociacións, cunha media de sesenta ou setenta socios, co que estariamos a falar de máis de 20 mil asociados na provincia de Lugo”.

O domingo 23 iniciarase cun partido de fútbol entre xornalistas, políticos e membros das asociacións veciñais, ás doce e media actuacións musicais, ás 14,00 horas a comida, ás 16,00 horas farase entrega do V de Veciños e rematará ás 18,30 horas coa actuación de Treixadura.

ÚLTIMAS

Ainhoa Arteta inaugura coa súa potente voz e ante un cheo total o novo Auditorio Fuxan os Ventos de Lugo

Tras oito anos de espera, este venres abriu as súas portas o novo auditorio...

Denuncian un home en Lugo por levar un martelo-machete de cociña e un coitelo na vía pública

Axentes da Policía Local de Lugo identificaron e denunciaron a un home que portaba...

A Deputación destina 750.000 euros a formación dixital para zonas en risco de despoboamento

A Deputación Provincial de Lugo anunciou a posta en marcha do proxecto 'E para...