InicioEconomíaOllo se viaxas en tren desde Monforte-Lugo... Haberá traslados por estrado debido...

Ollo se viaxas en tren desde Monforte-Lugo… Haberá traslados por estrado debido a obras

Os traballos para a electrificación do trazado ferroviario que Adif está a realizar entre Monforte de Lemos e Lugo interromperán este fin de semana e algúns días de novembro o servizo de trens, polo que se estableceron plans alternativos de transporte por estrada para os viaxeiros afectados.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os traballos para a electrificación do trazado ferroviario que Adif está a realizar entre Monforte de Lemos e Lugo interromperán este fin de semana e algúns días de novembro o servizo de trens, polo que se estableceron plans alternativos de transporte por estrada para os viaxeiros afectados.

Tal como informou o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana nun comunicado, Adif avanza nas obras necesarias para instalar o sistema de electrificación no trazado duns 75 quilómetros de lonxitude.

En concreto, realizaranse distintas actuacións na vía e na infraestrutura deste tramo de liña que permitirán despois tender a electrificación. Estes traballos suporán levantar a vía e outras instalacións en varios quilómetros do percorrido.

As actuacións, que se realizarán entre o 15 e o 17 de outubro e entre o 12 e o 14 de novembro, non son compatibles coa prestación do servizo ferroviario, polo que a empresa Renfe estableceu plans alternativos de transporte por estrada.

Así, este fin de semana preto dunha decena de trens veranse afectados, polo que os usuarios realizarán partes do traxecto en autobús, do mesmo xeito que ocorrerá o fin de semana do 12 de novembro. Tramos como Monforte-Lugo ou Rábade-Ourense terán que levar a cabo por estrada.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...