InicioSociedadeCheo absoluto no primeiro día das festas de San Froilán en Lugo

Cheo absoluto no primeiro día das festas de San Froilán en Lugo

"As festas de San Froilán sempre son unha garantía de éxito tanto para o sector hostaleiro, como para o hoteleiro", resalta o Concello.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As festas patronais da cidade de Lugo, o San Froilán, comezaron con “moi bo pé” e cun “cheo absoluto” en todas as actividades, tal e como destacou a concelleira de Cultura, Maite Ferreiro.

Tras o arranque deste martes, a concelleira destacou que “houbo un cheo absoluto en todas as actividades organizadas, tanto nos concertos, nas verbenas, como a nivel dos viños” na zona vella da cidade amurallada.

Así, Ferreiro apelou a que “hai moitas ganas de divertirse” e, xa para hoxe, día do patrón de Lugo e festivo na cidade, augurou que vai ser tamén “moi completo en canto a actividades promovidas para os maiores, os máis pequenos e para as familias”.

A concelleira de Cultura presumiu de que “o San Froilán sempre cumpre coas expectativas”, pero considerou que este ano, ademais, “polo tempo, vai ser un éxito garantido, dado que é unha festa que se vive moito na rúa”.

“Hai escenarios diferentes, concertos en distintos puntos da cidade e iso anima moito”, celebrou a edil, que confía nunha gran presenza de visitantes para o fin de semana e unha ocupación hoteleira do 100 por cen.

“As festas de San Froilán sempre son unha garantía de éxito tanto para o sector hostaleiro, como para o hoteleiro. Son moitas as persoas que se desprazan á nosa cidade, pero ademais Lugo ten moito que ofrecer”, resaltou.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

O PSdeG critica que só catro das 25 novas residencias anunciadas pola Xunta se situarán na provincia de Lugo

O PSdeG pediulle á Xunta que revise o reparto territorial do seu novo plan...

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...