InicioSucesosDous detidos en Lugo por apropiarse de máis de 65.000 euros mediante...

Dous detidos en Lugo por apropiarse de máis de 65.000 euros mediante a ‘sextorsión’

A vítima foi extorsionado dúas veces.

PUBLICADA O

- Advertisement -

de 24 anos, e a unha veciña de 59, de Lugo, como supostos autores dun delito de ‘sextorsión’, mediante o que se apropiaron de máis de 65.000 euros. Así mesmo, impútase en calidade de investigado a un veciño de Lugo implicado nos feitos delituosos.

Segundo informa a Garda Civil, a vítima intercambiaría fotografías e vídeos de índole sexual con outras persoas a través de redes sociais, empregando os presuntos autores do delito estes arquivos para facer “chantaxe” e conseguir diñeiro a cambio de non facer públicos os mesmos. Con este modus operandi chegaron a conseguir unha cantidade superior a 65.000 euros.

A Garda Civil apunta que foi obxecto de dúas extorsións distintas cometidas por autores diferentes “no mesmo espazo de tempo e con idéntico modus operandi”. Nunha primeira fase, esixíronlle un pago por non facer públicas fotos íntimas súas, chegando a conseguir 6.000 euros. Os axentes procederon á detención do presunto autor, un veciño de Monforte de Lemos de 24 anos de idade.

Pero os investigadores comprobaron que, ademais da persoa xa detida, a victima sufriría outras extorsións, que non estaban vinculadas. Segundo relata o comunicado, os axentes constataron como a vítima contactou a través dunha rede social cunha terceira persoa, con intercambio de fotos de contido sexual entre ambos.

Días despois recibiu unha chamada de teléfono solicitándolle diñeiro coa ameaza de que, se non accedía, publicaríanse estas fotografías en redes sociais de diversa índole e mesmo se enviarían ao correo electrónico do seu posto de traballo.

A MULLER FÍXOSE PASAR POLA súa AMIGA

A vítima realizou varios envíos de diñeiro ao estranxeiro a través de distintos locutorios de Lugo. Con todo, estes envíos de diñeiro eran recibidos pola muller detida, que se facía pasar por unha amiga súa, residente de Lugo e que é oriúnda da Republica Dominicana.

Esta muller e un socio aproveitáronse do mal momento que estaba a pasar a vítima facéndolle crer que lle axudaban cos extorsionadores cando a realidade eran eles os que quedaban co diñeiro, chegando a conseguir unha cantidade próxima a 60.000 euros.

A muller foi detida este martes no aeroporto Adolfo Suárez Madrid-Barallas procedente dun voo da Republica Dominicana. Os detidos pasarán este mércores a disposición xudicial.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

O PP provincial esixe á presidenta da Deputación “entregar o expediente sobre José Tomé”

O Grupo Provincial Popular esixiu hoxe e de forma rotunda que a presidenta da...

A Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento da residencia de Becerreá

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...