InicioPolíticaRubén Arroxo, único candidato do BNG nas municipais: "Nestas eleccións imos a...

Rubén Arroxo, único candidato do BNG nas municipais: “Nestas eleccións imos a por todas”

"Aspiramos a multiplicar a representación do BNG para que Lugo siga avanzando", asegura.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A asemblea local do BNG elixe a Rubén Arroxo como candidato á Alcaldía para as eleccións de 2023. O actual portavoz municipal e tenente alcalde foi o único aspirante a liderar a lista electoral do Bloque para o concello de Lugo.

Segundo traslada a formación nacionalista nun comunicado, manifestou o seu agradecemento a todos os que lle trasladaron o seu apoio.

Nestas eleccións imos a por todas, en Lugo hai moitas persoas que acreditan no traballo serio e construtivo do BNG que executamos estes últimos anos desde o goberno municipal, co que estamos a cambiar Lugo”, proclamou.

Aspiramos a multiplicar a representación do BNG para que Lugo siga avanzando, como outras moitas localidades nas que o BNG encabeza o goberno municipal”, esgrimiu, ademais de reivindicar o traballo feito na Tenencia de Alcaldía.

ÚLTIMAS

Cando as costureiras e modistas fan a historia do país

A Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos acolle a mostra “Corcosendo. A...

“Boa noticia para Lugo”, o TSXG confirma que o Concello de Lugo non ten que indemnizar ao promotor do Garañón

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou o fallo do Xulgado do...

Acepta ano e medio de prisión por insultar, acosar e ameazar a unha parella homosexual da cidade

Un home acusado de insultar, acosar, amedrentar e ameazar de morte a unha parella...

O PP oponse a rexeitar o proxecto de Altri, como pide o BNG

O Partido Popular opúxose este martes a rexeitar o proxecto de planta de celulosa de Altri...