InicioPolíticaLara Méndez critica que Rueda "impoña" as datas das reunións cos alcaldes

Lara Méndez critica que Rueda “impoña” as datas das reunións cos alcaldes

Para a alcaldesa de Lugo é "rechamante" que o presidente da Xunta queira acudir acompañado dos delegados territoriais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, criticou este xoves –en declaracións aos medios– que o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, “impoña” as datas das reunións cos alcaldes das cidades galegas, algo que “é a primeira vez que pasa”.

“Tiven tres reunións con Feijóo cando era presidente da Xunta e sempre dabamos un par de datas e acordabamos. É sorprendente que se impoña a data de forma unilateral. A nosa disposición sempre é a de tender pontes e adaptar axendas, pero é rechamante que non nos dea outra opción. Entendemos que a súa axenda é complicada, pero a dos alcaldes tamén”, sinala Méndez.

Para Méndez tamén resulta “rechamante” que ás reunións, que sempre foron bilaterais, o líder da Administración autonómica “teña que acudir acompañado”. Pode ser isto unha demostración, comenta a rexedora lucense, “que non ten coñecemento da realidade do territorio”.

“É preocupante –continúa–, porque se fose unha persoa que acaba de chegar, sería entendible, pero é unha persoa que ocupou durante 13 anos o cargo de vicepresidente da Xunta”. “Os temas son dabondo coñecidos”, conclúe Méndez.

+ posts

ÚLTIMAS

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...

Susie Q’s e Doc Magoo’s pecharán un exitoso ciclo de concertos na Terraza do Pazo de Lugo

A Terraza do Pazo, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, presentaba a...

Tino Alvite deixa a súa acta como concelleiro do BNG en Vilalba por motivos persoais

O concelleiro do BNG de Vilalba, Tino Alvite, renunciou á súa acta por motivos...