InicioSucesosTramitan denuncia por unha talla de árbores en Lugo que incumpría a...

Tramitan denuncia por unha talla de árbores en Lugo que incumpría a ordenanza municipal

A Policía Local de Lugo denunciou tamén un condutor que se viu involucrado nun accidente de tráfico sen feridos e que abandonou o lugar.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncia por unha talla de árbores que incumpría os requisitos da ordenanza municipal e que non fora comunicada de forma adecuada.

Segundo informaron fontes municipais, os feitos ocorreron na mañá do pasado venres, cando un indicativo da Policía de Barrio foi comisionado para acudir á parroquia de Bascuas, onde se podería estar a levar a cabo unha talla ilegal.

Unha vez no lugar, os axentes comprobaron que había operarios facendo estes labores e que os traballos se iniciaron sen cumprir os requisitos contemplados na ordenanza municipal. Así, a solicitude de autorización presentouse tras a intervención policial, e non se fixo efectivo o importe da fianza.

Os policías tamén comprobaron que non se adoptaron as precaucións necesarias e que a provisión de madeira estaba a realizarse sobre terreo de titularidade pública. Así mesmo, o carril de circulación estaba invadido por restos da talla, así como a beiravía, practicamente inutilizado.

ACCIDENTE CON FUGA

Por outra banda, a Policía Local de Lugo informou da tramitación de denuncia contra un condutor que se viu involucrado nun accidente de tráfico sen feridos e que abandonou o lugar.

O sinistro rexistrouse sobre as 14,25 horas do domingo, cando un vehículo que se internaba na rúa Serra de Outes, procedente de Lamas de Prado, chocou contra outro turismo estacionado e ausentouse da zona.

Grazas á información facilitada por unha testemuña e á colaboración da Policía Nacional, os axentes lograron localizar o coche implicado no accidente, nunha senda peonil próxima ao Miño, na zona de Saamasas.

A Policía contactou co titular do turismo e iniciou os trámites para identificar á persoa que conducía o vehículo no momento de accidente, co fin de realizar as oportunas dilixencias de denuncia.

ÚLTIMAS

Desatascar a praia fluvial e as obras da Rolda Este, compromisos acadados entre Xunta e Concello

A Xunta de Galicia e o Concello de Lugo alcanzaron compromisos, tras unha reunión conxunta mantida este martes,...

Dous mozos golpean no parque Rosalía de Castro a un home tras un altercado con dúas mozas por motivo de cartos

Un home maior foi golpeado brutalmente no parque Rosalía de Castro de Lugo por...

Cachan a dous condutores de patinete eléctrico borrachos en Lugo, un deles superando o límite penal

A Policía Local de Lugo detectou ao longo da semana pasada a dous condutores de patinete eléctrico...

O Concello de Lugo modifica horarios de traballadores e instalará paneis especiais nas escolas infantís pola calor

O pleno ordinario de xuño do Concello de Lugo abriuse este luns coa intervención...