InicioEconomíaUnións Agrarias denuncia que a cadea Family Cash vende pito como "produto...

Unións Agrarias denuncia que a cadea Family Cash vende pito como “produto reclamo”

"Prodúcese unha clara venda a perdas. Temos que denunciar que se está usando un produto como produto engano, incumprindo a lei", lamenta o sindicato.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Membros de Unións Agrarias protestaron ás portas do supermercado Family Cash, no centro comercial Abella da cidade de Lugo, para denunciar que a cadea vende pito como “produto reclamo”.

Á fronte das protestas estaba o secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, que acreditou que levan “un mes denunciando a situación grave que viven os produtores e criadores de pito”, que reciben apenas 15 céntimos por quilo de produto pese ao “brutal” incremento de custos nas granxas.

Neste contexto, lamentou, pervive “unha práctica tan empregada no pasado, que era utilizar o pito como produto reclamo para atraer clientes e forzar a venda a perdas“. “Cando pensabamos que esta práctica estaba erradicada, unha nova cadea que empeza a apertura de instalacións en Lugo volve a esas prácticas ilegais de utilizar o pito como produto reclamo”, condenou Roberto García.

Con esta acción, o sindicato pretende “pór de manifesto que se está incumprindo a lei de Cadea Alimentaria e están a atacar un sector que o está pasando moi mal”.

O dirixente agrario pormenorizou que “onte o produto reclamo estaba noventa céntimos por baixo dos custos de produción, estaba a venderse o pito a 2,59 euros” o quilo. Xa hoxe, relatou, “por mor da denuncia puxérono a 3,19, ou o que é o mesmo, sobre trinta céntimos por baixo do custo de produción”.

“Prodúcese unha clara venda a perdas. Temos que denunciar que se está usando un produto como produto engano, incumprindo a lei”, lamentou.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...