InicioAncaresPedrafita do CebreiroOs transportistas denuncian o "caos" de cruzar Pedrafita: "estivemos dúas horas"

Os transportistas denuncian o “caos” de cruzar Pedrafita: “estivemos dúas horas”

Reclaman axudas para paliar a perda de tempo e cartos que aparellou a caída do viaducto do Castro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os transportistas alertaron este xoves da situación “caótica” e de “descontrol” na que se converteu atravesar a localidade lucense de Pedrafita do Cebreiro, para saír de Galicia, tras o esborralle do viaduto do Castro na A-6 o pasado mes de xuño.

O presidente da asociación lucense do transporte AETRAM, DiegoArias, sinalou que, este fin de semana, houbo transportistas que estiveron “dúas horas” para conseguir cruzar a localidade. “Isto supón un descontrol total, tanto no económico, porque é un gasto a maiores, como no horario de entrega de mercadorías e en horas de condución”, quéixase.

Ante esta situación, Arias reivindicou “axudas” ao goberno central para minorar este “impacto”, aínda que consideran que nin esta nin o novo trazado son a solución. “O novo trazado (para sortear Pedrafita) é aínda peor e vai ser peor. Desde a administración non nos fan nin caso, non obtemos ningún tipo de resposta”, afeou.

O presidente de AETRAM estimou que, para o seu camión, “ir por Pedrafita supón 15 litros máis de gasoil, máis o tempo que se perde, porque un día normal falariamos de 15 ou 20 minutos, pero neste mespuedes chegar a perder ata dúas horas”.

+ posts

ÚLTIMAS

Daniel Irimia deixa o PSOE en Cospeito e pasa ao grupo de non adscritos tras reabrirse a súa causa por presunta violencia de xénero

Daniel Irimia, quen foi voceiro do PSOE en Cospeito, deixou as filas socialistas e...

Ferido grave tras chocar contra un cabalo na autovía A-6 ao seu paso polas Nogais

Un home resultou ferido grave na noite do martes tras chocar o vehículo no...

Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación pon en marcha a segunda edición da Semana do Patrimonio...

A Deputación pide un pacto contra o transfuguismo blindado por lei

O Pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes sacou adiante unha iniciativa para...