InicioMedioambiente e PatrimonioAdega denuncia que Goberno central e Xunta se poñan ao carón do...

Adega denuncia que Goberno central e Xunta se poñan ao carón do “lobby eucalipteiro” no proxecto de Altri

Lembra que dentro da parcela escollida en Palas de Rei aparecen catro especies endémicas e exclusivas (a nivel mundial).

PUBLICADA O

- Advertisement -

A organización ecoloxista Adega critica duramente o acordo cadado na xuntanza deste xoves entre o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, co seu homólogo do Goberno de España Pedro Sánchez, para dar “vía libre” á asignación de 700 millóns de euros dos fondos Next Generation ao macroproxecto da multinacional pasteira portuguesa ALTRI en Palas de Rei. 

Esta nova chega case tres meses despois do comunicado conxunto de ADEGA, SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural), SGO (Sociedade Galega de Ornitoloxía), o Grupo Naturalista Hábitat, a AGCT (Asociación Galega de Custodia do Territorio) e a FEG (Federación Ecoloxista Galega) en contra da instalación desta planta do tecido Lyocell, fabricado con fibras de eucalipto.

“As dúbidas non só se disiparon neste impasse, senón que ficou claro que macroproxectos como o de ALTRI son inviables no contexto actual de secas recorrentes, e onde o consumo de auga da industria non está garantido, como está a acontecer con ENCE en Pontevedra”, denuncia Adega nun comunicado.

Ademais critica que, ademais da “eucaliptización masiva da Galiza interior” que conlevaría a instalación de ALTRI é contraria aos propios fondos Next Generation, unha vez que a súa “Compoñente 4”, titulada “Conservación e restauración de ecosistemas mariños e terrestres e a súa biodiversidade”, ten como preceptos precisamente conservar os valores naturais existentes, restaurar e rehabilitar ecosistemas degradados e, tamén, o non causar danos á natureza.

Neste sentido, lembra que a área de implantación da factoría (122 hectáreas) acolle hábitats únicos e especies endémicas galegas. Ademais a parcela acolle ao menos oito especies consideradas en perigo de extinción en España, media ducia consideradas vulnerables en Galiza, e até 17 especies que deben ser obxecto de medidas de conservación do seu hábitat segundo a Directiva 2009/147/CE da Unión Europea. 

Por outra banda, dentro da parcela escollida aparecen catro especies endémicas e exclusivas (a nivel mundial) dos afloramentos serpentiníticos da área de Melide: a herba de namorar de Merino (Armeria merinoi), a magarza de Barazón (Leucanthemum gallaecicum), a santolina de Melide (Santolina melidensis) e a centáurea galega (Centaurea gallaecica).

“O goberno español recoñece por unha banda que os fondos Next Generation non deben causar dano ecolóxico e, por outro, dá luz verde a este proxecto, bendicido tamén pola Xunta, e absolutamente lestivo co medio natural da comarca da Ulloa, ignorando o berro unitario dos colectivos ambientalistas galegos, apoiado con datos científicos incontestábeis”, conclúe.

ÚLTIMAS

Ingresa en prisión un vilalbés acusado de malos tratos que se cambiou de xénero no rexistro para eludir a pena

Un vilalbés con varias causas por malos tratos e que cambiou de xénero no...

Comezan as obras de desdobre do último tramo da avenida Infanta Elena en Lugo

As obras que completarán o desdobre e humanización dos 2,7 quilómetros da Avenida Infanta...

Tomé e Castro presentan o número máximo de avais para dirixir o PSOE provincial

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e o edil de Paradela Iván Castro presentaron...

Condenados 8 ultras participantes nunha pelexa na previa do Lugo-Ponferradina de 2023

O Xulgado de Instrución nº1 de Lugo condenou este luns aos oito ultras investigados pola súa...