InicioEconomíaA Deputación de Lugo licita por case 800.000 euros o contrato para...

A Deputación de Lugo licita por case 800.000 euros o contrato para servizos na residencia de Navia de Suarna

A Deputación de Lugo licitou por case 800.000 euros o contrato para a prestación de servizos básicos na residencia de maiores do municipio lucense de Navia de Suarna.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo licitou por case 800.000 euros o contrato para a prestación de servizos básicos na residencia de maiores do municipio de Navia de Suarna. A portavoz socialista do goberno provincial, Pilar García Porto, anunciou dita licitación tras a Xunta de Goberno, e precisou que era “por un ano, e con posibilidade de prorroga por tres anualidades máis”.

Porto destacou que “unha semana despois de que o presidente (José Tomé) e o alcalde de Navia de Suarna (Pepe Fernández) asinasen nas propias instalacións do centro de atención a maiores o convenio necesario para poñer en marcha a residencia, lanzamos xa este contrato que é un paso determinante para abrir a residencia a principios de outono tal e como estaba comprometido”.

“É importante esa licitación do contrato para a prestación de servizos básicos na residencia de Navia e unha semana despois de que se asinase o convenio co Concello”, destacou. A portavoz socialista tamén comprometeu que “cando conclúa este mandato se contará con nove residencias públicas en funcionamento e xa con outras nove en diversas fases de tramitación”.

“NIN UN EURO”

García Porto aproveitou para protestar porque “o Goberno galego, a todo isto, non achegou nin un só euro, nin para a construción, nin para o funcionamento posterior”. “Todo o esforzo en canto á xestión e ao investimento está a recaer na deputación e nos concellos. Para nós é unha prioridade dar saída a unha reivindicación dos veciños da nosa provincia que precisa destes servizos”, sentenciou.

Na mesma reunión do goberno provincial aprobouse adxudicar por 95.000 euros “o contrato para a construción dun centro de transformación eléctrica” para a residencia do municipio de Becerreá. “Trátase dunha instalación que non estaba contemplada no proxecto inicial desta residencia e que nos obrigou a consignar novos recursos económicos, así como elaborar un procedemento específico para poder facer esta adxudicación”, pormenorizou a portavoz.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

O PSdeG critica que só catro das 25 novas residencias anunciadas pola Xunta se situarán na provincia de Lugo

O PSdeG pediulle á Xunta que revise o reparto territorial do seu novo plan...

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...