InicioMedioambiente e PatrimonioAs piscinas flotantes sobre o Miño "carecen de viabilidade técnica e ambiental",...

As piscinas flotantes sobre o Miño “carecen de viabilidade técnica e ambiental”, alerta ADEGA

A asociación critica que o Concello de Lugo está a "promover de xeito desenfocado e errático a ocupación e alteración de novos treitos naturais do río Miño para a creación dunha praia fluvial pública".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza vén de emitir un comunicado no que reitera as súas advertencias a nivel de seguridade e de impacto ambiental sobre o proxecto das piscinas flotantes que impulsa o Concello de Lugo no río Miño, á altura de Acea de Olga.

Segundo explica a asociación, esta intervención “presenta serias dúbidas de viabilidade, polo seu impacto ambiental e paisaxístico, pola falta de profundidade do río e polas poucas garantías de seguridade das instalacións para as persoas”, tal e como xa recollía, lembra Adega, o informe do Servizo de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia do ano 2019.

En dito informe advertíase de que as instalacións ocuparían o 40% do ancho do río, en zona de correntes de auga, “o que poñería en risco a estabilidade dos módulos das piscinas no caso de enchentes repentinas”, explica Adega. Ademais, xa se manifestaban “serias dúbidas” sobre a existencia do suficiente calado do río para acoller este tipo de instalacións.

Alén da falta de viabilidade técnica, ADEGA, xunto coa asociación Lugo de Cara ao Miño, xa poñía en cuestión no ano 2019 a “viabilidade ambiental das piscinas, por canto na zona de afección se constata a presenza de hábitats e especies incluídos do Catálogo Galego de Especies ameazadas, sobre as cales non se avalía suficientemente o impacto ambiental”. De feito, explica Adega, coñeceuse recentemente a presenza na zona de mexillón de río, especie en perigo de extinción.

PRAIA FLUVIAL

“Ante as recentes informacións publicadas en prensa sobre as dificultades que o Concello
está a atopar para poder executar o proxecto, reiteramos as nosas advertencias e denunciamos que o Concello de Lugo está a promover de xeito desenfocado e errático a ocupación e alteración de novos treitos naturais do río Miño para a creación dunha praia fluvial pública“, engade Adega no comunicado, que insiste en que o Concello “xa conta cunha praia fluvial, pero privatizada polo Club Fluvial”.

Por iso, desde a asociación ecoloxista apostan por “desprivatizar espazos xa destinados a ese tipo de aproveitamento e que xa teñen constatado a súa viabilidade técnica e ambiental”. Tamén instan de novo ao Concello á retirada do proxecto das piscinas
flotantes e piden á alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, que “destine convenientemente os fondos para promover accións de divulgación e sensibilización dos valores naturais do Miño”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación non colabora na Vuelta a España feminina e desminte ao PP provincial de Lugo

A Deputación de Lugo enviou un comunicado aos medios en resposta ao PP provincial....

O PP critica que PSOE e BNG escolleran a Tomé para representar á Deputación na presentación da Volta a España feminina

Os deputados do Grupo Provincial Popular critican a decisión que onte tomaron PSOE e...

Suspenden o xuízo contra nove persoas acusadas de estafar 400.000 euros

O xuízo previsto para este martes na Audiencia Provincial de Lugo contra nove persoas...

Escarceran unha persoa tras envorcar o seu vehículo en Pol

Unha persoa tivo que ser excarcerada este martes tras envorcar o vehículo no que...